DÍA DO LIBRO 2023

O día 24 de abril, algúns membros da ANPA Meixoeiro, achegáronse ao centro para facernos unha visita nas nosas aulas e traernos o mellor agasallo do mundo: UN LIBRO, un amigo!!!!

Premede nos diferentes botóns interactivos para ver imaxes desta marabillosa visita:

MOITAS GRAZAS A ANPA!!!

 


XORNADA DE PIRAGÜISMO-SENDEIRISMO

O xoves día 20 de abril o alumnado de 3º, 4, 5º e 6º de Primaria do centro desprazouse a Verducido (Xeve) ao Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro. Os maiores desfrutaron dunha xornada de piragüismo e os máis pequenos fixeron unha ruta de sendeirismo que percorre todo o entorno do encoro.

XOGADE: DEPORTE ESCOLAR

Seguindo coa planificación do programa: "XOGADE" o xoves 30 de marzo desprazámonos ao CEIP de Tenorio para desfrutar doutra xornada de convivencia onde competimos en tres modalidades: fútbol, balonman e baloncesto.

PASÁMOLO XENIAL!!

 

 

Distribuir contido