O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.
O pasado venres, día 9 de novembro, celebramos o magosto no colexio con castañas asadas e bocatas de chourizo. Por causa da choiva non poidemos facer nós a fogueira e tivemos que mandar asar á panadaría. Pero pasámolo moi ben de tódolos xeitos.
Como tódolos anos, tivemos o concurso de Cabazas, a merenda terrorífica e as actuacións de Samaín. Este ano coa novidade do concurso de Tumbas/Graves proposto dende o departamento de Inglés
Dentro das actividades das Letras Galegas, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria acudiron ao Centro Cultural a ver a representación teatral da obra de María Victoria (Homenaxeada este ano)Leonardo e os fontaneiros.
Este ano, da man dos equipos de Dinamización e Extraescolares, levouse a cabo o Primeiro Concurso de fotografía de Solanas, onde @s nen@s realizaron unha fotografía do seu lugar favorito do pobo e inventoulle un título ou lema en galego.
Todos os participantes levaron un agasallo pola súa participación, ademáis de haber un premiado por cda curso.
O día 21 de febreiro conmemorábase o Día da Lingua Materna e o Día 24 de febreiro é o Día de Rosalía. Dende o colexio realizamos unha celebración conxunta para que elaboramos este mural.
O venres, 16 de febreiro, tivémolo enterro do Meco-Espada 2018. Como tódolos anos, vestímonos de gala, degustamos uns ricos doces de entroido e choramos un pouquiño polo fin de festas.