Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

Samaín - Concurso de cabazas

            
     
     

LETRAS GALEGAS. PASAPALABRA

 

 PARA REMATAR O TRABALLO SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO, ENVIAMOS UN PASAPALABRA, A VER CANTAS COUSAS SABEDES SOBRE ÉL!

LETRAS GALEGAS. PASAPALABRA

 

 

PARA REMATAR O TRABALLO SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO, ENVIAMOS UN PASAPALABRA, A VER CANTAS COUSAS SABEDES SOBRE ÉL!!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5380341-ricardo_carballo_calero.html



LETRAS GALEGAS. XOGO VIRTUAL.

XOGO:

PREPARÁDEVOS PARA VIVIR UNHA AVENTURA NA CASA DE RICARDO CARVALLO CALERO.

CONECTADE OS VOSOS CINCO SENTIDOS E CUMPLIDE ESTA MISIÓN.

ENTRADE NA PÁXINA SEGUINTE , ELA VOS LEVARÁ  DIRECTAMENTE Á CASA MISTERIOSA.

 https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

 

LETRAS GALEGAS. ACTIVIDADE E. PRIMARIA

Esta actividade para  Ed. Primaria consiste en ilustrar un verso ou estrofa o poema de Ricardo Carballo Calero, "María silencio".


Unha vez rematedes a actividade podedes enviar a foto do debuxo ao seguinte correo belprofe65@gmail.con.
Os que participedes... "AGASALLO SEGURO"
Darémolo encantad@s cando volvamos á escolá de novo.

 

MARÍA SILENCIO


Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.

Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.

Maria do Mar, ¿qué barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lua fria?

O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.

¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!

¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?

Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?

De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)

LETRAS GALEGAS. ACTIVIDADE E. INFANTIL

Hoxe presentamos dúas actividades para facer durante o mes de maio.
A primera vai para Ed. Infantil que consistirá nun debuxo inspirado no conto "As pitas baixo a choiva".


Unha vez rematedes a actividade podedes enviar a foto do debuxo ao seguinte correo belprofe65@gmail.con.
Os que participedes... "AGASALLO SEGURO"
Darémolo encantad@s cando volvamos á escolá de novo.

 

 

 

LETRAS GALEGAS NO CEIP AS SOLANAS

 

BOS DÍAS FAMILIAS:

Ainda que a crisis do coronavirus obriga a aprazar ata outubro a celebración do día das Letras Galegas.Dende Dinamización Lingüística pomos en marcha unhas propostas de actividades para todo o mes de maio, iremos colgando uns enlaces para achegar a toda a comunidade educativa a figura tan relevante de Ricardo Carvallo Calero.
Comezaremos pola biografía e pouco a pouco iremos
achegando propostas para todos os gustos.
Animadevos a PARTICIPAR!!!
Vai ser divertido...
Un saúdo D. L.

 

 O PORTAL DA LINGUA GALEGA CREOU UN ENLACE SOBRE A BIOGRAFÍA DE RICARDO CARBALLO CALERO CON PICTOGRAMAS MOI ADECUADA PARA E.iNFANTIL E OS PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA:

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1252.html

 

E PARA OS MAIORES DE E. PRIMARIA SUXERIMOS VER ESTE VIDEO QUE REALIZOU UN COLEXIO DE OURENSE.

 

RECORDANDO

QUERIDAS FAMILIAS:

HOXE COLGAMOS  NA PÁXINA UNHA ACTIVIDADE QUE FIXÉRAMOS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN L. PARA FESTEXAR O  DÍA QUE NACEU ROSALÍA DE CASTRO. RECORDAREMOS CON CARIÑO E NOSTALXIA ESTE ACTO QUE REALIZAMOS CONXUNTAMENTE TODO O ALUMNADO.

UN REGALIÑO DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN.

ÁNIMO E UN APLAUSO MOI FORTE PARA VÓS, QUE ESTADES SENDO MOI VALENTES.

UN ABRAZO FORTE

 

DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

     

O pasado xoves celebramos o Día de Rosalía e da lingua materna, o alumnado elaborou unha proxección con poemas da autora que posteriormente visualizamos todos xuntos no salón de actos. 

 

   
   
     

Entrega do Premio Segura Mente

     
  A clase de 5º de Primaria gañou o premio no concurso Segura-Mente organizado por Abanca, consistente nun cheque de 500€ para realizar unha excursión. E o mércores 19 viñeron facernos entrega do cheque ao colexio.  
   
     
Distribuir contido


by Dr. Radut