Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Educación Ambiental

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA: 21 de marzo 2024

O equipo de Biblioteca en colaboración co equipo Medioambiental, propuxo unha actividade creativa e dinámica para o 21 de marzo festexar o Día da árbore e da Poesía creando unha árbore coas nosas mellores palabras da natureza.

 Preme nas imaxes para ver o vídeo.

HORTA ESCOLAR NO MES DE FEBREIRO 2024

Os e as máis cativos e cativas do colexio comezaron o mes de febreiro ampliando a nosa plantación da horta.

Ademáis contaron coa colaboración do alumnado de 6º A.

Preme nas imaxes para ver o seu traballo.

Sementación polo alumnado

de 3 e 4 anos

Preparación de bancal

polo alumnado de 5 anos

 

Preparación de bancal e

plantación de patacas alumnado de 6ºA

 

SAÍDA CO CADERNO DE CAMPO DE SOLANAS: aulas de 6º Infantil e 5º Primaria.

O alumnado de 6º de educación infantil e 5º de primaria tiveron unha saída pola contorna do colexio para traballar cun caderno de campo, que é unha ferramenta de observación do medio natural.

Dende BiblioSolanas fixeron un caderno para investigar a flora e fauna do barrio de Solanas.

Os nenos e nenas tiñan unhas caixas con instrumentos de observación como prismáticos, telescopios, lupas, termómetros...

INFANTIL PREPARA TRAMPAS PARA AS VELUTINAS

O profesorado e alumnado de educación infantil estivo montando e colocando as nosas trampas de velutinas no patio sensorial.

Preme na imaxe para ver o proceso.

 

COLOCACIÓN DUN CATAVENTO polo alumnado de 4 anos e 6º primaria

O alumnado de 5º de educación infantil e 6º de primaria realizou a seguinte actividade pola colocación do noso catavento.

Preme na imaxe para ver que fixeron xuntos/as.

 

OBRADOIRO DE REFUGALLO: 2º Primaria

A profe Bel e o seu alumnado construiron obxectos con materiais de refugallo.

Preme na imaxe para ver os resultados.

PLANTACIÓN E LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR: 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria estivo limpando e plantando na horta escolar.

PLANTACIÓN NA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3º E 4 ANOS

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron plantando leitugas e xudías na nosa horta e flores nas novas macetas do colexio.

SAÍDA E ACTIVIDADE DA PRIMAVERA 2023

O alumnado de educación infantil, coa colaboración do alumnado de 5º de primaria, fixo esta actividade tan xenial.

Primeiro saímos a recoller flores para despois ter unha actividade creativa conxunta.

Preme nas fotos e verás o resultadoGuiño.

Saída ata praía de Fedorento para recoller flores. Actividade colaborativa e creativa: construímos bolboretas con flores

HORTA ESCOLAR DO ALUMNADO DE 3º PRIMARIA

Fai uns meses o alumnado de 3º de primaria platou cogomelos nun invernadoiro caseiro...agora xa poden ver o resultado.

Ademáis teñen unha nova plantación.

Distribuir contido


by Dr. Radut