Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

SO LONG NICOLE

A year ago, she arrived at Solanas.

We shared many celebrations with her, and even a lockdown.

Last friday, we said... "so long Nicole. Come back whenever you want".

DÍA DA AMIZADE_ 14 de febreiro

Para conmemorar este día,

  • A clase de 3 anos fixo bicos con fresas.
  • A clase de 3ºB traballou coas sonrisas.
  • A clase de 5º primaria fixo un cartel "quen ten un amigo ten un teosuro".

E todos os nenos e nenas do colexio decoraron un corazon, cunha palaba referida a este día en lingua galega, para formar un mural cheo de amor.

NOVAS CAIXAS NOS PATIOS DE INFANTIL

O alumnado de educación infantil xa disfruta de novas caixas de xoguetes para os patios.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA:11 de febreiro

Esta conmemoración serve para recordar o papel fundamental que teñen as mulleres e as nenas na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa.

O alumando de 6º de educación primaria fixo un traballo sobre diferentes mulleres científicas que ao longo da historia foron relevantes nas súas ciencias.

 

ENTROIDO 2021

Durante todo a semana, o alumnado e profesorado tivo que vir á escola segundo as ordes do MecoEspada, que este ano ten unha vacina para ser indultado.

 

 

 

MAQUETAS ESTACIÓNS METEOROLÓXICAS

 

 

Unha estación meteorolóxica é unha instalación que mide e rexistra variables metereolóxicas mediante diferentes instrumentos.

O alumnado de 5º Primaria tivo que construir instrumentos para medir os elementos do tempo atmosféricos; catavento, anenómetro, barómetro, termómetro e pluviómetro.

Fixeron unha investigación dos materiais e empregou a súa imaxinacion para construir a maqueta.

O resultado o temos no seguinte vídeo:

 

 

HERDANZA XENÉTICA

A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as.

Os membros dunha mesma familia tender a ter características semellantes; o alumnado de 6º de Primaria fixo unha investigación cos membros da súa familia; rasgos físicos e rasgos de carácter.

 

DÍA DA PAZ 2021

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este ano o conmemoramos creando cada neno/a o seu Violentovirus formado polas nosas preocupacións, medos e fustracións.

Ademáis dos compoñentes necesarios para a vacina da paz: respecto, amizade, saber escoitar...

 

Menú do comedor escolar _ Febreiro 2021

     
    Menú do comedor escolar Febreiro 2021   
     
     

CONTO O PRINCIPIÑO

O proferado de Infantil representou esta obra baseada na amizade, amor, tristeza ou riqueza.

Distribuir contido


by Dr. Radut