Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE LENTELLAS. 3ºB

O alumnado de 3º B está a traballar en Ciencias da Natureza o tema das plantas.

Fixeron unha xerminación dunha lentella: Introduciron algodón no fondo do vaso, botaron un pouco de auga… Despois duns días; lentellas xerminadas!!!

 

Agora están nos bancales do colexio, aquí tedes a sementación:

 

 

 

 

Mais mediación.

Mais mediación.

Mediación en acción.

O alumnado de 6º xa leva un tempo traballando na resolución dos conflitos que chegan ao buzón de conflitos do cole.

A técnica que utilizan é a da "silla boca" - "silla oreja", na que se tratan de respectar os turnos de cada un/ha e se chega a unha solución.

Aquí podedes ver algunhas das intervencións:

 

 

PARTICIPACIÓN NO CONTO VIAXEIRO DO COLEXIO SAN XEROME

O colexio de San Xerome pediron a colaboración dos centros educativos de A Guarda para dar continuidade a un libro que comezaron os seus alumnos e alumnas.

Aquí podedes ver a historia feita por todos:

 

 

O 2 de maio DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio conmemoráse o Día contra o Acoso Escolar.

O alumnado de 5º e 6º de primaria fixo un Kahoot con preguntas sobre o uso do teléfono móbil.

 

ABRIL MES dos LIBROS en BiblioSolanas

Dende o equipo de BiblioSolanas queremos contarvos que

xa tedes todas as actividades de celebración, deste mes tan significativo

e importante para nos, no BLOG e no Facebook da Biblioteca.

Pinchade nos enlaces para ir a velos.

Esperamos desfrutedes tanto coma o noso alumando! 

https://www.facebook.com/bibliosolanas

http://biblioceipsolanas.blogspot.com/

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS 2021. 6º PRIMARIA

Dentro do tema de Ciencias Naturais "Electricidade e magnetismo", o alumnado de 6º de primaria tiña que facer unha maqueta cun circuito eléctrico, nas súas casas, aplicando a materia dada na aula.

Coma cada ano, alumnado e familias superáronse; NORABOA A TODOS E TODAS.

 

 

 

Menú do comedor escolar maio 2021

 

TEATRO DE SOMBRAS.SEMANA DO LIBRO 2021

Na Semana do Libro, o alumnado de 5 primaria fixo unhas pequenas obras con teatro de sombras.

Aquí tedes o resultado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut