Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

OBRADOIRO DE RADIO PARA ALUMNADO DE 5º PRIMARIA E PROFESORADO

Damián Alonso, actor de drobaxe e monogolista, estivo co alumnado de 5º de primaria e algunhas das mestres do noso colexio para facer un obradoiro de radio escolar.

 

Programa creado polo alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro impartido polo actor de dobraxe e monologuista Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126878487

Programa no que se inclúen as entrevistas realizadas ao alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro de radio levado a cabo por Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126879941

RADIO TREBOADA: ENTROIDO 2024

 Programa sobre o Entroido 2024 onde participaron alumnos e alumnas de 2º, 4º, 5º e 6º de educación primaria cunha lectura dun conto rimado, receitas tradicionais destas datas e datos curiosos de personaxes populares do entroido galego.

Agradecemos a todos/as os/as artistas e grupos a posibilidade de empregar os seus temas neste programa:

La mosca Tse Tse (1999) -Yo te quiero dar

Carlos Núñez (2000)- Pasacorredoiras

Malvela (2007) - Pirimpimpin

Milladoiro (1989) - Muiñeira de Vilanova

Baiuca (2018) - Morriña

Celia Cruz (1998) - La vida es un carnaval

Marc Anthoni (2013) - Vivir mi vida

   

 Preme na seguinte URL para escoitar o programa; https://go.ivoox.com/rf/125704480

RADIO TREBOADA: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024

Programa para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2024.

Realizado en colaboración co alumnado de 5º de primaria como traballo de investigación sobre persoas relevantes e cancións relacionadas con este día.

Agradecemos a todos/as os/as artistas e grupos a posibilidade de empregar os seus temas neste programa:

 

Gaudi Galego (2014). Chea de vida.

Rozalén (2017). Girasoles.

Jarabe de Palo (2014). Somos.

Pablo López (2015). Tu enemigo.

Amaral (2002). Rosa de la paz.

Antonio Flores (1980). No dudaría.

Bob Dylan (1963). Masters of War

Michael Jackson (1992). Heal the World

John Lennon (1971) Imagine

Macaco (2015) Hijos de un Mismo Dios

 

 Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/124572974

 

 

RADIO TREBOADA PRESENTA UN PROGRAMA COAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE.

Presentamos o programa coas actividades feitas no 1º trimestre.

Preme na imaxe do logo de Radio Treboada para escoitalo.

RADIO NA BIBLIO: CHARO PITA

Dentro do programa RADIO NA BIBLIO visitóunos Charo Pita para facer un obradoiro co alumnado de 4º de primaria e ter un par de sesións de contacontos con infantil e o primeiro ciclo de primaria.

Encantóunos! Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

Obradoiro don 4º de Primaria sobre oratoria.

Contacontos con Infantil e Primaria

 

RADIO TREBOADA:13 de febreiro DÍA DA RADIO 2023

Hoxe queremos celebrar con vós o Dia mundial da radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ.

Aquí tedes un novo programa de Radio Treboada coa participación de case todos os cursos.

Preme enriba de PROGRAMA DÍA DA RADIO 2023 para escoitarnos. 

 Neste vídeo podedes ver ao alumnado participante na gravación do programa.

RADIO TREBOADA: "PODCAST ODS: HORTA ESCOLAR"

Este ano o Proxecto Documental Integrado da nosa Biblioteca son os ODS "Obxectivos Desenvolvemento Sostibles".

No seguinte podcast o alumnado de 3º de primaria explícannos como traballan na horta escolar do colexio dentro do seu proxecto.

Preme enriba para escoitar o PODCAST

 

RADIO TREBOADA: "PODCAST ODS"

Este ano o Proxecto Documental Integrado da nosa Biblioteca son os ODS "Obxectivos Desenvolvemento Sostibles".

 

No seguinte podcast o alumnado de 5º de primaria explícannos que son e para que serven estes obxectivos.

Preme enriba para escoitar o Podcast ODS

Ademáis contan coa colaboración dos nenos e nenas de 2º primaria.

Ver vídeo Almorzos saudables do alumnado de 2º de educación primaria: Vídeo

GRABACIÓN PROGRAMA RADIO EMOCIÓNATE

Durante toda a semana tivemos na biblioteca unha exposición de radios antigas, entre elas a nosa antiga Radio Treboada.

O martes 8 de novembro viñeron ao colexio unha locutora de radio e un técnico do programa RADIO EMOCIÓNATE da emisora RadioSi.

Houbo entrevistas ao alcalde de A Guarda, a un historiador guardés e a presidenta da Asociación Redeiras.

Tamén fixeron unha entrevista por videoconferencia cun productor da serie que se está a grabar na nosa vila.

Foi toda unha experiencia para o alumnado de 5º de primaria.

 



by Dr. Radut