Skip to Content

Información e circulares

XADREZ NA ESCOLA

04/12/2013 10:00
04/12/2013 11:00
Etc/GMT

Hoxe recibimos unha charla motivacional no noso Centro para achegar ao alumnado interesado á práctica do xadrez.

O pasado 15 de marzo de 2012 foi aprobado no Parlamento Europeo o Proxecto Chess in the Schools na cal recoméndase a introdución do xadrez no sistema educativo. Estamos falando de impartir o xadrez en horario lectivo, por expertos docentes. A Concellería de Educación do Concello de Vigo promove este plan de "Xadrez nas Aulas" , coa entidade "Xadrez Galego", onde se tentará traballar: concentración, memoria, razoamento, cálculo, toma de decisións e resolución de problemas.

DÍA DO ENSINO

31/10/2013 00:15
31/10/2013 19:50
Etc/GMT

REUNIÓNS COMEZO CURSO Educ. Primaria

01/10/2013 16:15
01/10/2013 19:00
Etc/GMT

O vindeiro, MARTES DÍA 1, celebraremos as reunións de comezo do curso cos pais/nais/titores do alumnado de Educación Primaria


1º ciclo (1º e 2º EP): 16,15 h

2º ciclo (3º e 4º EP): 17,15 h

3º ciclo (5º e 6º): 18,15 h

O MÉRCORES 11 INICIAMOS AS CLASES!

11/09/2013 00:00
11/09/2013 14:30
Etc/GMT

Benvidos!

O vindeiro mércores, 11 de setembro, ás 9:15h comezaremos as clases do presente curso 2013-14.

As familias están convidadas a acompañar aos rapaces á benvida das mestras no patio cuberto de Primaria, onde facemos as filas para entrar ás aulas. Xuntos compartiremos este inicio!Risa

 

COMEDOR:

Nos primeiros días a ANPA convocará unha reunión para explicar a nova lexislación e xestión de comedores. Ata ese día, a propia ANPA asume os custos do comedor que se reembolsarán posteriormente.

Grazas.

 

REUNIÓN INFANTIL

06/09/2013 11:22
06/09/2013 14:22
Etc/GMT

Benvidos!

O vindeiro venres, 6 de setembro, ás 11h da mañá faremos unha reunión coas familias de infantil na que se tratarán aspectos do comezo do curso.

CAMPAÑA BANCO DE LIBROS

FIN DE CURSO 2012-13

INFORMACIÓNS PARA O VERÁN

SEMANA DA FROITA

27/05/2013 00:14
31/05/2013 00:14
Etc/GMT

 

Informámoslle a todas as familias dos nenos e nenas de Educ. Primaria que a semana do 27 ao 31 de maio, cada alumno recibirá unha peza de froita no recreo de xeito gratuíto (plátano, fresas, nísperos, mazá, peladillo...). Quedando á vosa valoración se precisan completar con algo máis de merenda.

 

O noso Centro solicitou a participación no programa do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) que, coa colaboración da Xunta de Galicia, distribúe froitas frescas al alumnado de centros escolares.

 

enREDate xogando coas froitas (clica aquí)

IV CERTAME DE ARTE INFANTIL

EXPER-I-CIENCIA INAUGURA O LABORATORIO DO COLE

Nesta xornada desenvolvimos actividades, por quendas, para inaugurar o recentemente acondicionado Laboratorio do cole.

 

As científicas do IIM-CSIC recolleron estas experiencias no seu diario na rede:facebook DIVULGAMAR

CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA

SOBREIRA SOLIDARIA

 

-       

TAPÓNS E ROSCAS DOS BRICKS, AMBAS PARTES, do leite, zumes...

-       

DE MEDICAMENTOS como pomadas, betadine, auga osixenada...

-       

DE ESPECIAS orégano, canela, pementón...

-       

DE BOLÍGRAFOS E ROTULADORES

-       

DE GARRAFAS CON ASA de auga, aceite...

-       

DE TUPERWARE, leite en po, papillas, margarinas, queixo de untar...

-       

DE DOSIFICADOR, dos lavalouzas, do ketchut, do mel, do leite condensado, dos siropes...

-       

DE TODO TIPO DE GEL, gomina, mascarillas,...

-       

DE SUAVIZANTES, DETERXENTES e cápsulas de lavado

-       

DE PECHE A PRESION como o da nata, ambientadores, lacas, espuma, insecticidas..

 -        DE BUTANO E OVOS KINDER, IOGURES BEBIBLES...

 


Período NON LECTIVO - Semana Santa

Á atención de todos os pais e nais dos alumnos:

 

Mañá venres, día 22, o Centro seguirá o horario habitual. Informámoslles tamén, que seguindo o calendario escolar marcado pola Consellería de Educación, os días non lectivos rematarán o martes 2 de abril, día no que se reanudarán as clases.

 

A dirección.

ENTROIDO 2013

08/02/2013 00:42
08/02/2013 14:42
Etc/GMT

Distribuir contido


by Dr. Radut