Skip to Content

ALERTA METEOROLÓXICA XOVES 6 FEBREIRO

06/02/2014 17:34
Etc/GMT

Xov, 06/02/2014 - 11:51 A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.



event | by Dr. Radut