Os nenos/as de 5º e 6º en colaboración cas titoras, equipo de normalización lingüística e Tics, elaboraron uns diccionarios interactivos con frases galegas para as que buscaron significados e imaxes.
OBRADOIRO POESÍA-CALIGRAMAS Os días 9 e 10 o alumnado do 3º ciclo, asistimos a un obradoiro moi interesante de poesía- caligramas. Con esta actividade aprendemos a ler, e entender a poesía
Actividade de Normalización lingüística realizada co alumnado do 3º ciclo.A través de diferentes xogos e actividades lúdicas, pretendeuse fomentar a expresión oral da lingua galega.
Dentro das actividades organizadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo o día 15 de Maio os alumnos/as de 4º de primaria tiveron no centro una actividade donde se lles explicou a tradicional festa dos maios, para o que lles mostraron un vídeo da festa dos maios deste ano en Vigo, na praza da Constitución.
Despois saíron todos ao patio para aprender e facer unha práctica da danza típica.
O día 6 de Maio de 2014, co galo do Día das Letras Galegas, os alumnos de 2º ciclo tiveron un taller de ilustración de contos a cargo do ilustrador ANXO FARIÑA ensinoulles varios trucos para facer caras de persoaxes con distintas expresións, sen dificultade e os rapaces estaban encantados de ver o ben que lles saían! Logo pasaron a crear os persoaxes do conto que eles fixeran: “A araña de dúas patas” coa técnica de collage.
Estiveron moi atentos e interesados , pasárono moi ben e saíron contentísimos.
O mércores, día 27 de novembro, o alumnado do terceiro ciclo asistimos a un obradorio sobre o proceso que se segue a partir de plantas, flores e herbas aromáticas, na elaboración de aceites esenciais, hidrolatos e augas florais.
Este obradoiro estivo a cargo de Marcelo que nos explicou as diferencias que existen entre estes produtos naturais; non só na súa elaboración senon tamén nas súas propiedades e beneficios, sobre todo para a nosa pel.
Mentras atendíamos a esta explicación e comprobábamos os diferentes aromas de hidrolatos, aceites esenciais e esencias; nun alambique, do que aprendimos as súas partes e o seu funcionamento, estábase a facer un hidrolato de menta do que, ao final do proceso, levamos unha mostra.
O xoves, día 21 de novembro, o alumnado do 3º ciclo, asistimos a un “obradoiro de regueifas”.
Este obradoiro impartido por Luis e Tito, resultou moi entretido e divertido e ademais aprendemos moitísimo.
Comezaron cunha regueifa na que nos nomearon a algúns de nós. Despois para explicarnos o que é unha regueifa, a súa composición, ritmo, ritma e como lle chaman noutras comunidades e noutros países volveron compoñer unha regueifa.
Para finalizar tivemos que “regueifar” nós; primeiro coa súa axuda, dous de nós dabamo-la ritma e o resto facía o ritmo; e despois, xa sen axuda, eles déronos o ritmo e/ou ritmas e nos fixemos as composicións, foi moi divertido.
Cursos de Língua Galega: "Achégate ao Galego". O plazo de inscripción está aberto atá o día 10 de novembro ás 14:00. O obxectivo é facilitar a integración da poboación de orixe estranxeira a través dunhas nocións básicas para a comprensión oral e escrita, e para a fala, ademais de dar a coñecer a historia e situación de Galicia.
Dirixido a persoas de orixe estranxeira.
Comezo: 9 de novembro.
Finalización: 3 de decembro.
Lugar: Instituto Castelao (Aragón, 20. Calvario).
CURSO B: - Para persoas adultas
Martes e mércores de 20:00 h a 22:15 h e venres de 20:00 a 21:45 h.