Club de ciencia

Saltos de esquí

Etiquetas :

Se variamos o ángulo da plataforma de lanzamento dun saltador de esquíes varía a distancia que alcanza?

E se variamos o peso que leva enriba?

Pois a esas preguntas se lles da resposta probando, experiementando e iso fixemos, mostramos algúns exemplos.

 

Inxeniería aeronáutica (ou algo similar)

Etiquetas :

Que hai que mandar un cohete polo aire....pois mándase.

Esta é unha actividade clásica no club de ciencia e que ano tras ano demanda o alumnado que forma parte do club de ciencia Santomeinstein.

Os resultados non sempre son os mesmos e iso é xenial para facer comparativas con gráficas doutros anos e analizar os materiais empregados.

Nestes vídeos podedes ver un par de lanzamentos.

 

Tiovivo

Etiquetas :

Temos pezas de construción, temos imaxinación e temos gañas de facer un tiovivo...Pois non se fale máis.

Estudando esta máquina simple (engranaxe) fixemos un modelo de tiovivo tradicional -con manivela- e outro un pouco máis sofisticado, con motor.

Aquí tedes resultados:

Facendo instrumentos

Etiquetas :

As/os Santomeinsteins deste ano son bastante rockanroleiras/os. Deulles por montar grupos musicais e o resultado foi do máis variopinto. Nos vídeos podedes ver resultados.

Club de ciencia 2021/2022

Etiquetas :

Xa estamos de volta, os Santomeinsteins comezarán unha nova andaina neste curso 2021/2022, e será un curso marcado pola luva que nos lanzaron dende o equipo de biblioteca. Resulta que este ano, o PDI chámase "Lectoriño no Camiño", e nós, que somos ben guiadiñas/os, imos denominar este curso deste xeito: "ciencia no Camiño".

Así que no desenvolvemento das actividades verase claramente reflectida a influenza do Camiño de Santiago.

Será emocionante, comezamos!!

Instrumentos dixitais

Etiquetas :

Os Santomeinsteins tiveron outra sesión do Club de Ciencia, neste caso empregaron placas Makey Makey, que temos á nosa disposición grazas ao proxecto Digicraft, para construír instrumentos musicais dixitalizados.

No vídeo vemos uns cantos exemplos.

 

Cohete propulsado

Etiquetas :

É, sen dúbida, un dos clásicos do Club de Ciencia. Dende as primeiras sesións, os Santomeinsteins preguntan cando se realizará a experiencia do "cohete propulsado".

Pois ben, aínda que este ano as condicións climatolóxicas non foron as mellores, xa que a humidade e o vento dificultaron a posta en escea, o resultado non foi malo, e, coma sempre, pasamos moi bo rato e unhas cantas risas.

No vídeo podedes ver algún dos lanzamentos realizados.

 

Grúas (poleas)

Etiquetas :

Deixamos aquí uns vídeos con exemplos de grúas (traballo con poleas) que fixeron os nosos Santomeinsteins.

 

Untitled from CEIP San Tomé on Vimeo.

Ciencia e robótica

Etiquetas :

Os comezos deste ano no Club de Ciencia teñen moita vinculación coa robótica, xa que os SantomEinsteins teñen moito interese por esta área. Aquí vos deixamos unhas probas de que estas dúas modalidades "casan" perfectamente.

Iniciar sesión

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design