Un ano máis o noso alumnado e profesorado da Aula Especifíca participaron no "V Concurso de Dibujo y Redacción Jóvenes y Mayores" organizado por "La Región"... e un ano máis foron premiadas! Desta volta foi a quenda de Tatiana, que gañou o primeiro premio dentro da categoría de Educación Especial cun traballo de debuxo onde aparecen ela e a súa avoa Lola indo a mercar as cousas que precisaban para cociñar xuntas. Formidable traballo de Elena, Estefanía, Tatiana, Xavi e as súas familias!
O noso pobo do Nadal xa está instalado no patio das bolboretas! Todas as familias poden visitalo de luns a xoves de 15.15 ás 16.00. O acceso farase pola cancela automática e haberá carteis para indicar onde está situado.
Moitas grazas a todas as familias que participaron nesta actividade e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do centro por idear, coordinar e facer realidade esta "vila tan chula"!
Din que non hai dous sen tres!! Volve da man da teacher Alicia e AugaMar Xestión as manualidades, bailes, actividades, .... que podemos facer con todo ese material que temos por casa... Aproveitade o fin de semana para facer algunha delas!
Volve a teacher Alicia a amosarnos unha manchea de actividades, bailes, ... e como novidade, ... desta vez, unha serie de experimentos científicos para levar a cabo, sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta. Non queda máis que botarlle un ollo e ... Mans á obra!