Skip to Content

Pilotaxe da ferramenta en liña MONK

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ten a intención de poñer en marcha actividades conducentes á mellora da competencia matemática do alumnado da educación primaria (EP) en Galicia.
O Centro de Innovación Educativa e Dixital e o Servizo de Avaliación do Sistema Educativo impulsan unha actividade consistente na resolución de cuestións e problemas matemáticos a través da ferramenta en liña Monk (https://monk.es). Esta actividade levarase a cabo un día lectivo do mes de maio ocupando unha ou dúas sesións lectivas, baixo a supervisión do profesorado titor de referencia de cada grupo.

O obxecto desta actividade consiste en:
• Analizar o beneficio que este tipo de ferramentas pode ter no escenario real do proceso de ensino-aprendizaxe, tanto para o profesorado, como para o propio alumnado.
• Realizar unha comparación entre os resultados que se obteñan con esta ferramenta e outros resultados dos que xa dispoña a Consellería en relación coa competencia matemática.
A actividade consistirá en:
• Resolución de trinta cuestións e problemas matemáticos.
• Revisión dos resultados por parte da persoa titora do grupo.
• Análise dos resultados na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Por este motivo solicitamos o seu consentimento para que o seu fillo participe nesta actividade. Informámoslle que de cara a manter a uniformidade na aula durante a realización desta actividade, o alumnado que non participe nela realizará tarefas de competencia matemática na Aula Virtual do Centro, tamén baixo a supervisión do seu profesorado titor, con contidos similares aos da actividade e de similar extensión.

A actividade realizarase sen introducir ningún tipo de dato persoal que permita identificar a ningún alumno/a na ferramenta en liña Monk. Os datos de acceso serán ficticios e non se almacenarán nomes nin datos relativos á data de nacemento, orixe ou xénero verídicos. Poden solicitar o acceso á información relativa ao resultado da proba de fillo mediante correo electrónico no enderezo sxt.cultura.educacion@edu.xunta.gal.

Agradecemos que manifesten o seu consentimento achegando o autorización que lle foi entregada hoxe á súa filla/o cuberta e devonvéndolla á persoa titora do grupo en que o seu fillo se atopa matriculado.



book | by Dr. Radut