Con motivo da celebración deste día no mes de febreiro publicamos este vídeo, amosando un dos experimentos que estamos desenvolvendo durante este curso para acercar ao noso alumnado á ciencia a través da exploración e a manipulación de diferentes materiais. Neste caso, mesturamos fariña de millo con auga para crear un fluído non newtoniano, cunhas propiedades que sorprenden a quen o toca. Animádevos a probar na casa!