Skip to Content

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024 - 2025 EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS (Só alumnado de sexto de Ed. Primaria)

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2024/2025.

Por este motivo RECORDAMOS as seguintes cuestións de interese relativas ó proceso:

O alumnado DE SEXTO DE PRIMARIA que queira continuar estudos no centro de adscrición (IES LAGOA DE ANTELA), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP ROSALÍA DE CASTRO)  entre o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023 o modelo normalizado (ED550A) facilitado polo centro. Tamén pódese cubrir e imprimir AQUÍ. (Entregarémosllo mañá, MARTES día 16 de xaneiro ao alumnado)

Tamén pode cubrir dito formulario a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado no menú Solicitudes - Reserva - Crear.

Feito iso pode optar por:

  • Imprimir dito formulario e achegalo a este centro.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

NOTA DA INSPECCIÓN EDUCATIVA
É importante lembrarlles ás familias que a reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro

AdxuntoTamaño
ED550A-G.pdf1.23 MB


book | by Dr. Radut