Skip to Content

Deseña unha etiqueta de Nadal para a asociación Prolimia

Dende a Asociación de Comerciantes “Prolimia”  poñémonos en contacto coas ANPAS dos CEIP Rosalía de Castro e CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia para solicitar a súa colaboración na Campaña de Nadal Prolimia 2023.

    A Campaña de Nadal é unha época moi entrañable tanto para a poboación dunha vila como a nosa como  para o comercio local, que intenta sobrevivir a tanta información e venta a través de Redes Sociais axenas ó noso entorno.

    Esta colaboración consistiría no seguinte:

•    Alumnos dos CEIP Carlos Casares e CEIP Rosalía de Castro diseñarán para Prolimia etiquetas para que os comerciantes poidamos adornar os paquetes regalo con elas. (O traballo de cada nen@ pódese facer nunha folla tamaño A5 levará o nome do autor por detrás).

•    Haberá tantas categorías como cursos, é decir, en cada CEIP haberá 9 categorías (3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º pr, 2º pr, 3º pr, 4º pr, 5º pr e 6º pr).

•    Unha vez recollidos tódolos traballos dos alumnos dos CEIP haberá un xurado formado por 1 membro de cada ANPA e 2 de Prolimia, que valorarán o mellor diseño de etiquetas tendo en conta a orixinalidade, a vistosidade e o esforzo que se poida apreciar.

•    Haberá 1 premio por cada curso, así entonces serán 9 premios por cada CEIP.

•    O premio por curso consistirá nun lote de 10 tarxetas Prolimia para que o ganador poida facer compras no comercio local desta vila.

Agradecendo de antemán a súa voluntariosa participación, reciban un cordial saludo da Asociación de Comerciantes Prolimia.

O PLAZO PARA QUE PRESENTEN OS NENOS OS SEUS DISEÑOS SERÍA ENTRE O 2/11/2023 Ó 1/12/2023. O Viernes día 1/12/2023 un membro da ANPA recollerá tódolos traballos e o día 2/12/2023 un xurado decidirá os gañadores.



book | by Dr. Radut