Skip to Content

Período de vacacións de Nadal

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación. Formación Profesional e Universidades,  o período de vacacións de Nadal abrangue dende o vindeiro VENRES 23 DE DECEMBRO ata o VENRES 6 DE XANEIRO ambos os dous incluídos.
O derradeiro día de clase será o xoves 22 de decembro. Este día teremos horario normal de clases e funcionarán con normalidade os servizos de transporte e comedor, polo que os horarios de saída do centro serán os de todos os días pero non haberá aula de estudo.
As cualificacións da primeira avaliación publicaranse para todo o alumnado na aplicación ABALAR MÓBIL ese mesmo día 22 de xaneiro ás 16.00h.
As clases recomezaranse o LUNS 9 DE XANEIRO no horario habitual.



book | by Dr. Radut