Skip to Content

Período de vacacións de Nadal do curso 2021 - 2022

 

Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na súa Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia., o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive, reanudando a actividade lectiva o luns, 10 de xaneiro de 2022 no horario habitual.

Do mesmo xeito informamos que as cualificacións da primeira avaliación serán publicadas na plataforma ABALAR, mañá martes, 21 de decembro a partires das 15.00.

Aproveitamos para desexar á toda a Comunidade Educativa unhas Boas Festas e un Próspero 2022. Moito Sentidiño… e gozar estes días o máximo posible!



blog | by Dr. Radut