Skip to Content

Fin de curso 2020 - 2021. Boas vacacións!!

Rematamos este 2020 -2021 tan complexo e no que é de xustiza dar as grazas.
Salientar primeiramente a todas as institucións que puxeron medios de reforzo (non sempre todos os que serían dexesables) para facer fronte ás novas situacións que se nos presentaron ao longo deste curso.
Agradecer ás familias o seu labor durante estes nove meses para facer todo o q estaba nas súas mans para respectar todos os protocolos e as medidas de actuación que tantas veces cambiaban e, ás veces, eran tan difíciles de comprender.
Recoñecer o traballo inmenso de todo o profesorado e o persoal non docente do noso cole, que tantas horas empregaron en idear e en pór en práctica estratexias e medidas de prevención que foron capaces de manter a actividade docente presencial ao longo de todo o curso, cando moit@s apostaban a que non chegariamos a Nadal.
E, por último, dar un enorme aplauso a todo o noso alumnado, dende os tres aos doce anos, que foron verdadeiras heroínas e heroes, coas súas máscaras ben colocadas cinco ou seis horas ao día, coas mans perfectamente limpas e respectando sen protestar todos eses cambios que @s alonxaban da súa normalidade de xogos e interacción social. Bravo por tod@s el@s!!!
E, sen máis, desexarvos unhas moi boas vacacións... Vémonos en setembro!!!

 



blog | by Dr. Radut