Skip to Content

Comezo curso escolar 2020 - 2021

Segundo informa a Consellería de Educación, o curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán o alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Este ano temos o MESMO HORARIO PARA TODO O CURSO ESCOLAR.
O alumnado non usuario do comedor escolar entrará ás 09:00 e sairá ás 14.00
E o alumnado usuario de comedor escolar entrará ás 09.00 e sairá ás 15.15 (este horario de saída poderá sufrir pequenos cambios en función das quendas que se establezan e se comunicarán con posterioridade)
Queremos transmitirvos que estamos tomando todas as medidas que están na nosa man para garantir unha volta coas máximas condicións de seguridade. Calquera dúbida ou inquedanza podedes comunicárnola a través do noso correo ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es e vola contestaremos á maior brevidade posible.


blog | by Dr. Radut