Skip to Content

Publicación notas de avaliación do curso 2019/2020

Informamos que mañá, venres 19 de xuño, poderánse consultar os resultados da 3º avaliación de Educación Infantil e a avaliación ordinaria de Educación Primaria na Plataforma Abalar Móbil a partir das 09.00 da mañá. Non descartamos que se produza algún bloqueo da propia plataforma ao longo do día, totalmente allea ao centro. Pregamos que se así se produce, sexades pacientes. Moitas grazas pola vosa comprensión.
Mesmamente, recordarvos que o prazo de reclamacións e de aclaracións sobre cualificacións obtidas é de cinco días hábiles a contar a partir do luns da semana vindeira. Un saúdo



blog | by Dr. Radut