Skip to Content

ED. FÍSICA / PSICOMOTRICIDADE: TRABALLO RECOMENDADO do 05 ao 08/05

Ola nen@s!!

Esta semana ides ser protagonistas dunha" carreira de orientación ".
O profe Juan mais eu, pensabamos traballar a orientación no cole con vós, por eso vos mandamos facer o plano do colexio ...pero como a situación estase a alargar , adaptarémolo a nova realidade.
 
Elementos necesarios elaborados na casa :
 
-Plano ou mapa da casa ou da zona.
-Balizas.
-Plantilla do corredor.
-Rotuladores de cores.
 
 
 
Pasos a seguir :
 
-Elaboración do plano. Podedes facer un mapa da casa ou aproveitar esa horiña que tendes para saír da casa ,e facelo plano dun espazo aberto. 
 
-Elaboración das balizas (de 6 a 8 balizas).Debuxamos un cadrado de 10 cm de lado, dividímolo en dùas partes cunha liña diagonal e pintamos a metade de vermello , e a otra metade numeramos do 1ao 8.
 
-Elaboración da plantilla do corredor: dividir medio folio en 6 ou 8 partes dependendo do número de balizas, e numeralas do 1 ao 6-8.  A cada parte chamarémoslle posta.
 
Preparación do plano:
 
- Decide quen sinala as balizas, lembra que si eres ti mesmo,  non poderás facer a carreira. O que finalmente sinale as balizas , fará( sin que o vexa ninguén máis e  dentro do propio plano),de 6 a 8 triángulos pequeniños numerados debaixo do 1 ao 8.
 
Preparación das balizas:
 
-A mesma persoa que sitúa no plano as balizas , agora faino no sitio concreto , por exemplo,  si 
a baliza número 1, no plano, está ao lado do sofá, agora vou o sofá e deixo a baliza número 1 nese sitio.( Ningún corredor pode ver nada).Deixa a súa vez un rotu dunha cor distinta ao lado de cada baliza.
 
Comeza a carreira:
 
-Na metade do folio das postas, pola parte de atrás escribimos a hora de saída e a hora de chegada.
O corredor leva consigo a folla das postas , terá que atopar, todas as balizas e por orde numérica, e marcará coa cor do rotulador correspondente , cunha cruz  a posta .Cando atope a última ,anota pola parte de atrás  a hora de chegada.
 
 
PARA INFANTIL
 
As familias farán con eles un mapa moi sinxelo cos nomes das habitacións (cociña, salón...) e despois seguirán o procedemento, axudándolles en todo momento, si fora preciso.
 
Para rematar:
- Premio a cada participante que sexa capaz  de completala carreira de orientación.
 
MOOOITO ÁNIMO!! 
 

SABEMOS QUE NO COLE HAI ALGÚN /ALGUNHA EXPERTO/A.



blog | by Dr. Radut