Skip to Content

Préstamo equipos informáticos

Seguindo instruccións da Consellería, pomos á disposición da Comunidade Educativa. Son equipos cunha pantalla de 10" e cun sistema operativo Android. Son equipos antigos, cun hardware xusto para facer os usos básicos dun equipo portátil (navegar na web, tratamento de textos, ...)
Artellarase un sistema de préstamo ás familias, co compromiso de facer un bo uso del, ter os coidados básicos para presevar o seu bo funcionamento, e comprometerse a devolvelo no mesmo estado que foi prestado.
Os criterios para adxudicar, unha vez recibidas todas as solicitudes nun prazo máximo, serán:
1. Cursos máis altos a cursos máis baixos
2. Informe de situación socioeconómica desfavorecida (emitido por os Servizos Sociais do Concello ou similar)
3. Número de irmás/irmáns no centro
Prestaremos todos os equipos dispoñibles, cúmpranse ou non os criterios anteriores, pero dando prioridade ás  que cumpran algún deles.

As familias que desexen o préstamo dalgún destes equipos deben enviar un correo electrónico á dirección do centro (ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es) cos seguintes datos:
Nome do alumna/o:
Curso:
Nome do pai/nai:
DNI do pai/nai:
Número de irmans/irmás no centro:
(Se está nunha situación socioeconómica desfavorable, fágao constar no correo)
O prazo para enviar este correo é o LUNS 20/04/2020 ata as 11.00 AM
Moito ánimo e moitas forza. Un saúdo



blog | by Dr. Radut