Skip to Content

Cambio no horario escolar e actividades complementarias

Informamos que a partir do vindeiro XOVES 1 DE XUÑO e segundo as instrucións fixadas pola Xefatura Territorial, o centro cambia a HORARIO de VERÁN, para adaptarse ao transporte escolar. A hora de entrada será ás 9.15 e a saída para os alumnos/as que non son usuarios/as do comedor escolar será ás 14.15. Os usuarios de transporte e comedor  sairán  ás 15.00. Polo que respecta ás actividades extraescolares en horario de tarde, as clases de ÁRABE e AULA DE ESTUDIO rematarán o MÉRCORES 31 de maio. Aquelas organizadas pola ANPA quedan do seguinte xeito:  INGLÉS, PATINAXE E INFORMÁTICA rematarán tamén o día 31. PROA seguirá funcionando ata o  XOVES 15 de XUÑO.



blog | by Dr. Radut