Skip to Content

blogue deadmin

TRABALLO RELIXIÓN CATÓLICA EI, 1º E 2º

Descarga e realiza estas actividades.

Feliz Día do Libro.... de parte d@s máis peques do cole!

FELIZ DÍA DO LIBRO.
O VOSO PRIMEIRO CONTO VIRTUAL
As titoras de 3 anos en colaboración cos seus alumnos e alumnas hoxe contan a historia do monstro da coroa. Que nestes intres non nos falte a maxia dunha boa lectura!

 

ACTUALIZAMOS AS TAREFAS SEMANAIS COAS ACTIVIDADES DE REFORZO

Quedan actualizadas as actividades de todos os cursos, incluíndo as actividades de reforzo das aulas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapeútica.

TRABALLO RELIXIÓN CATÓLICA 4º, 5º E 6º

Descarga e realiza estas actividades.

Acordos do claustro do CEIP Rosalía de Castro dacordo coas orientación dadas pola Consellería de Educación para o 3º Trimestre

Diante das orientacións dadas pola Consellería de Educación sobre o desenvolvemento para o 3º trimestre, o claustro de profesorado do CEIP Rosalía de Castro reuniuse hoxe ás 10.00 AM e tomou os seguintes acordos:

1. Afondar na titorización do alumnado de cada grupo, artellando os medios electrónicos que iso supoña (AbalarMóbil, correo electrónico, ...) Cada titor/a comunicará ao seu grupo a ferramenta acordada para establecer esa titorización.

Información da Consellería de Educación, FP e Universidade sobre o 3º trimestre

Esta é a información sobre o fin de curso publicada hoxe pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

 

 

Préstamo equipos informáticos

Seguindo instruccións da Consellería, pomos á disposición da Comunidade Educativa. Son equipos cunha pantalla de 10" e cun sistema operativo Android. Son equipos antigos, cun hardware xusto para facer os usos básicos dun equipo portátil (navegar na web, tratamento de textos, ...)
Artellarase un sistema de préstamo ás familias, co compromiso de facer un bo uso del, ter os coidados básicos para presevar o seu bo funcionamento, e comprometerse a devolvelo no mesmo estado que foi prestado.

A fauna de Primeiro de Primaria !!

Aquí tedes un vídeo onde vos ensinamos  algúns dos traballos que fixemos neste tempo na casa. Esperamos que vos gusten moito!

 

E... Que podemos facer na casa? II

Volve a teacher Alicia a amosarnos unha manchea de actividades, bailes, ... e como novidade, ... desta vez, unha serie de experimentos científicos para levar a cabo, sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta. Non queda máis que botarlle un ollo e  ... Mans á obra!

Distribuir contido


by Dr. Radut