No día de hoxe vénse de publicar no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e Ed. Especial. De conformidade con dita Orde, TODO O ALUMNADO DESTAS ETAPAS que resultou beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR (non dos libros de texto), será beneficaiario directamente das máscaras.
Temos a confirmación dun novo caso positivo entre o noso alumnado. Xa foron tomadas todas medidas de confinamento necesarias seguindo as pautas marcadas por Saúde Pública.
Comunicannos que a ANPA do centro este ano vai regalar ao alumnado de primaria (de 1º a 6º) unha axenda escolar de temática sobre a Igualdade. Será distribuida nas aulas nos primeiros días de clase. Están a traballar noutro material que se entregará a todo o alumnado de Educación Infantil. Seguiremos informando.