Skip to Content

blogue deadmin

Publicación notas de avaliación do curso 2019/2020

Informamos que mañá, venres 19 de xuño, poderánse consultar os resultados da 3º avaliación de Educación Infantil e a avaliación ordinaria de Educación Primaria na Plataforma Abalar Móbil a partir das 09.00 da mañá. Non descartamos que se produza algún bloqueo da propia plataforma ao longo do día, totalmente allea ao centro. Pregamos que se así se produce, sexades pacientes. Moitas grazas pola vosa comprensión.

Remate envío de actividades para o curso 2019 - 2020

Informamos que na semana do 15 ao 19 non se enviarán tarefas para realizar por parte do alumnado. Recordamos que nesta semana se entregarán os libros de préstamo por parte das familias e se recollerán os materiais escolares segundo o calendario fixado no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/?q=node/625

 

See you soon!!

Hello my kids and their families (mis niñ@s y sus familias),

MOMENTO PARA XOGOS, DIVERSIÓN E ALEGRÍAS

Despois de varias semanas de esforzo, constancia e traballo, chega o momento de dedicarlle tempo aos xogos e á diversión en familia. Queremos que busquedes tempo para xogar, desfrutar, saltar, bailar ao aire libre, todo esforzo é merecedor dunha gran recompensa.........

Recollida dos libros de préstamo da Biblioteca Escolar

Informamos que todo o alumnado que teña algún libro da Biblioteca Escolar na súa casa, as familias deben entregalo á súa titora/titor, aproveitando o día que teñen que vir na semana do 15 ao 19 de xuño  para facer a entrega ou recollida doutros materiais. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Apertura prazo de solicitude do servizo de comedor para o curso 2020 / 2021

Están ao voso dispor os formularios de solicitude nos arquivos anexos

Recollida de libros de préstamo do Fondo Libros e entrega de material

 

Na vindeira semana 15 ao 19 de xuño procederemos a recoller os libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º do Fondo de Libros do centro.

Publicación adaptacións curriculares e criterios de cualificación

Atendendo ao fixado nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemos a publicar as adaptacións curriculares a desenvolver no terceiro trimestre e os criterios de cualificación, baseados en "principios de claridade, transparencia e obxectividade" e garantindo "o

MÚSICA: Traballo recomendado para a semana do 18 ao 22 de maio

Descarga e realiza estas actividades

Distribuir contido


by Dr. Radut