Skip to Content

blogue deadmin

Distribución de máscaras para o alumnado de ED. PRIMARIA e ED. ESPECIAL

No día de hoxe vénse de publicar no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e Ed. Especial. De conformidade con dita Orde, TODO O ALUMNADO DESTAS ETAPAS que resultou beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR (non dos libros de texto), será beneficaiario directamente das máscaras.

Novo caso positivo confirmado no centro

Temos a confirmación dun novo caso positivo entre o noso alumnado. Xa foron tomadas todas medidas de confinamento necesarias seguindo as pautas marcadas por Saúde Pública.

 

Entrega de axenda escolar para o curso 2020/2021

Comunicannos que  a ANPA do centro este ano vai regalar ao alumnado de primaria (de 1º a 6º) unha axenda escolar de temática sobre a Igualdade. Será distribuida nas aulas nos primeiros días de clase.
Están a traballar noutro material que se entregará a todo o alumnado de Educación Infantil. Seguiremos informando.

Comezo curso escolar 2020 - 2021

Segundo informa a Consellería de Educación, o curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado.

Listaxe libros de texto curso 2020 - 2021

Prazos publicación Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Informamos dos prazos para a publicación de listas provisonais, definitivas e recollida de vales de axuda para o vindeiro curso 2020/2021:

  • Publicación listaxes provisionais .- 3 de xullo

(As persoas interesadas poderán reclamar nos 3 días seguintes á publicación das listaxes provisionais)

Fin de ciclo para o alumnado de sexto de Ed. Infantil

Remataron a primeira e máis intensa das etapas educativas todas as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil.... Atrás queda o mandil, os choros, coñecer as letras, ... Tantas e tan intensas experiencias vividas da man das súas profes Ana e Cris, acompañadas por Rosa e Isabel e todo o profesorado do centro que se implicou tan e tan ben con estes grupos de rapazas e rapaces. Noraboa a tod@s!!

 

Sempre cun sorriso !!

Aquí remata o noso primeiro curso escolar. Para o pequeniños que somos foi un ano duro.

Distribuir contido


by Dr. Radut