Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos - Recollida de Lixo
admin — Lun, 08/05/2023 - 16:17
O 27 de Abril as 6 aulas de terceiro, cuarto e quinto de Educación Primaria (en colaboración coa asociación Amicos) achegámonos a limpar as beiras do Río Sar a continuación do tramo que temos apadriñado. Logo separamos os residuos para reciclalos. Agora a entrada en Padrón dos peregríns está máis bonita e o río con menos lixo. Unha gran xornada!!!
Charla Saúde Bucodental
admin — Ven, 05/05/2023 - 13:37
Todas as crianzas de 1º a 5º de Educación Primaria asistiron a unha charla de saúde bucodental.
Proxecto Ríos - 4ºA - Recollida de lixo no Río Sar
admin — Xov, 27/04/2023 - 13:58
Despois de recoller un montón de lixo na beira do río Sar, fixemos unha clasificación do mesmo. Foi unha xornada xenial de sensibilización medioambiental.
Biblioteca Escolar - Semana do Libro
admin — Lun, 24/04/2023 - 13:29
O vindeiro martes 25 de abril imos celebrar na biblioteca do noso centro unha feira do libro. A organización da mesa será a seguinte: durante toda a mañán, en horario lectivo os diferentes cursos van pasando pola biblioteca en orde. Os de Primaria poderán traer entre 3 e 5 euros para adquirir algún exemplar se así o desexan, pero o alumnado de Infantil non traerá cartos, visitarán a feira e poderán adquirir libros pola tarde en compañía das súas familias. Polo tanto, a feira quedará a vosa disposición, para as familias, en horario de 16:00 a 18:00. O acordo que temos para facer a feira é con Quérote Edicións.
Proxecto Emocións
admin — Mar, 18/04/2023 - 15:58
Nestas dúas últimas semanas de Abril terán lugar unha serie de sesións nas que o alumnado de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria poderán aprender novas vías para canalizar as súas emocións.
Plantación de Xeranios
admin — Mér, 29/03/2023 - 16:47
A rapazada de Educación Infantil estivo a plantar xeranios para decorar o areeiro. A Natureza invade o noso cole!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »
![CEIP Rosalía de Castro RSS Distribuir contido](/centros/ceiprosaliapadron/misc/feed.png)