886151434 

 

                       

          

                   

TEATRO NO ROSALÍA

Xa podedes gozar destas fantásticas obras de teatro cun só clic.

Parabéns para os rapaces e rapazas por este marabilloso traballo.!!!

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2020-2021

 

XA   ESTÁN AS ACTUACIÓNS DE INFANTIL E CUARTO DE PRIMARIA.!!! (Fai clic na imaxe)

 

 

SIMPATÍA, ILUSIÓN E MOITA EMOCIÓN SON ALGUNHAS DAS COUSAS QUE O NOSO ALUMNADO NESTE ANO TAN DIFÍCIL, NOS MOSTRA A TRAVÉS DE CADA UNHA DAS SÚAS ACTUACIÓNS.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!! (Fai clic na imaxe)

 

 

 

 

 

 

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21 c

A Xunta acaba de convocar a axuda para máscaras, destinada a alumnado de primaria e secundaria. Tedes dereito automaticamente a ela se fostes beneficiarios da axuda de material (50 euros) neste curso. Se non tivestes esta axuda porque se vos pasou o prazo , por descoñecemento da mesma ou por ser alumnado de nova incorporación podedes solicitala no centro ( recordade pedir cita por teléfono)

Requisitos para poder solicitar dita axuda:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo para presentar a solicitude:

Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

Orde da solicitude:

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Aqui podedes descargar a solicitude:

Anexo I e II

As máscaras repartiranse aos alumnos/as beneficiarios dende o centro, unha vez publicada a lista oficial ( a finais de novembro) . 

COMEZAMOS O CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Distribuir contido

Back to top