Skip to Content

Plástica

Reto 5

Traballo de Izan ( 3º EP)

Reto 5

Traballo de David de 3º E.P.

RETO 5

 

 

RETO 5-ARTE

Decora e recicla

 

1.    Recolecta  tubos de papel do baño, algo de cartolina de cores, cola, tesoiras e algún elemento que queiras por a maiores.

2.    Dobra o cartón na parte superior cara dentro, como na imaxe, dun lado e doutro, de forma que unha solapa quede por riba, para despois pegala. Podes deixalas sen pegar por se queres gardar algo dentro da manualidade.

3.    Na parte inferior, mete un cortiño no lado dereito e outro no esquerdo e dobra cara dentro un lado e despois outro pegando con cola, de forma que quede a base recta.

4.    Pinta da cor que prefiras o teu animal. Usa pintura de dedos ou témpera.

5.    Coloca orellas, rabos, ollos...(podes facelo con outro material que non sexa cartolina, como unha lingua de goma eva, un rabo de cordel, ollos dos que se moven...

E feito!!

Podes enviar calquera creación a: martineznunez@edu.xunta.gal. e se queres será publicado no Instagram do CEIP de forma anónima ou detallando o teu nome e curso para compartir o teu talento e creatividade.

A desfrutar!

 

Retos 4 e 2

Traballo de David de 3º E.P. Ben feito !!!

Reto 4

Traballo de Iria de 4º E.P. Moi ben !!!

RETO 4

RETO 4

Decora e recicla Sorriso

 

Crea esta fermosa botella aproveitando calquera que teñas por casa, botella de leite, de zume, o bote do tomate frito...Precisas tan só de fío gordo, cordón, lá, corda...Podendo intercalar cores, tipos de cordóns etc. Ademais no caso da foto só cubre o fondo pero podes tapar toda a botella co mesmo.

Estamos ansios@s por ver a túa obra! Sabes que podes enviala a: martineznunez@edu.xunta.gal. Un saudiño!

 

Reto 3

Traballo de Iria de 4º EP:

 

Reto 3

RETO 3-ARTE

 

Garda os teus tesouros máis prezados!

Despois desta incrible receita de cociña, ofrecemos unha manualidade ben sinxela. Só precisas unha caixa de ovos baleira e gardas todas aquelas cousiñas ou elementos da natureza que máis te chamen a atención ou que te lembren fermosos recordos e vivencias. Decóraa como máis te guste.

 

 

Marcapáxinas

Moitas grazas aos nenos/as que enviástedes os marcapáxinas, seguide animándosnos !!!

Pica na imaxe para velos todos...!!!!

Álbum: Curso 2019-20 -> Marcapaxinas

Reto 2

Por aquí vai a segunda quenda de retos dos obradoiros.

Se te animas podes enviarnos un vídeo ou foto das túas creacións, tanto as dos restos anteriores coma estas que propoñemos a continuación e serán colgadas no Instagram do centro: ceipribeira, de forma anónima ou pondo o teu nome e curso para que todos/as coñezan o/a gran artista que es.

Envíaas a: martineznunez@edu.xunta.gal

RETO 2-ARTE

 

Menudos atrapasoños!  Que non se nos escapen as nosasilusións Guiño

 

Aquí queda o enlace para que podades ver paso a paso con calma:

https://www.youtube.com/watch?v=pb9D6AjBEe0

Recorda que podes decoralo de forma diferente, a cuestión é ser creativo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut