Eventos e datas especiais

O derradeiro martes 28, tivemos unha actividade moi emotiva. Convidamos aos avós e avoas do cole para compartir un anaquiño de tempo cos seus netos e netas. Participaron xuntos nuns xogos súper divertidos feitos en madeira , cortesía de Manu o carpinteiro e Manu de EXODEGA. Son xogos populares tranquilos.

Dende cociña tamén disfrutaron dun pequeno pincho mañaneiro.

Esperamos que vos gustara a iniciativa, poucas veces podemos aproveitar a xuntar pequenos e maiores nunha actividade.

MOITAS GRAZAS. Foi moi GRATIFICANTE

 

O Proxecto XELA, impulsado hai tres cursos polo CEIP Ría de Vigo e o IES Coruxo consiste na instalación de paneis con extractos da obra da persoa homenaxeada nas Letras Galegas.

Nesta edición ademais contamos coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Vigo elaborando audios que acompañan aos recitados do alumnado do colexio e do IES aos cales se poderá acceder a través de códigos QR.

MOITAS GRAZAS A TODOS POLAS COLABORACIÓN!

 

 

 

Xoves, 16 de maio na AAVV de San Miguel de Oia.

Distribuir contido