CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO
Video fin de curso 2019-2020
Quedara atrás este video!
MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!!
CAMPAÑA DE CONSUMO DE PEIXE
Hai uns días tivemos no cole a presentación da campaña de ANASOL e ACOPES xunto co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para o fomento do consumo de peixe, neste caso especialmente pescada. Tivemos un "showcooking" ou cociña en vivo co chef do Gravina que nos aprendeu a facer hamburguesas de pescada e petisquiños tamén deste peixe.
Foi unha experiencia diferente e interesante!!! Para finalizar probamos os petiscos de pescada que estaban moi moi deliciosos!! Por certo...ata víu a tele!!!
Visitounos Susa Herrea
O martes 24 de setembro tivemos a sorte de que Susa Herrera estivera no noso cole co su último traballo "En Cabárceno rugidos y canciones". O alumnado de Primaria pasouno en grande cantando e bailando con esta gran artista que sempre ten as portas da nosa escola abertas!!
Moitas grazas Susa por facernos pasar un rato xenial!!!
BENVIDOS A UN NOVO CURSO 2019-2020
Benvidos/as a un novo curso.
Esperámosvos mañán mércores ás 9.30h.
Todos xuntos continuaremos có traballo.
Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Informase, dende o Departamento de Orientación, da convocatoria das axudas para alumnos e alumnas con necesidade especìfica de apoio educativo.
-O prazo de presentaciòn è ata o 26 de setembro.
-Os solicitantes deberán,como os cursos pasados, cubrir a solicitude vìa internet neste enlace: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Unha vez cuberta, terán q imprimila,asinala e levala ao gabinete para q cubra o apartado que lle corresponde.
Todo isto xunto co resto da documentación entregarase no Departamento de Orientaciòn do colexio o antes posible.
O horario de Orientaciòn será os luns e martes de 9:30 a 14:30 e os mèrcores de 9:30 a 11:00.
LISTAXE DEFINITIVA AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
No adxunto achégase a listaxe definitiva de axuda para adquisición de libros e material escolar.
Os cheques poderán recollerse no centro do 1 ao 5 de xullo en horario de 9.30 á 13 horas.
Moitas grazas!
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 2019-2020
No adxunto achégase a listaxe definitival de Fondo Libros.
Lembramos que os libros de fondo libros serán entregados do 4 ao 6 de setembro.
Moitas grazas!!