Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES

 

 

Luns, a 25 de outubro de 2021

 

 

Comunícase á Comunidade Educativa que en relación á Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35261), e en virtude da mesma…

 

 

 

Anúnciase que segundo o Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, o xoves 28 de outubro de 2021, ás 12:30h, procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no hall de entrada do centro.

 

 

 

Posteriormente, iranse subindo na web todas as deliberacións e informacións durante todo o proceso.

 

Agardando a súa máxima participación no proceso, reciban un cordial saúdo.

 

 

 

            Atte.: D. Francisco Mourelo Barreiro.

 

                      Director.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Dirixímonos a vds. para informarlles que na barra lateral dereita teñen o calendario escolar do presente curso 21/22 establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Do mesmo xeito informarlles que os días non lectivos escollidos polo centro, son os mesmos que se propuxeron na asociación de directores/as de A Coruña, e que son os seguintes:

- 7 de decembro de 2021,

- 16 de maio de 2022.

En calquera caso, para estes días enviarase recordatorio por abalar.

Grazas.

A Dirección

BENVIDO OUTUBRO!

Benvido outubro! Dende o noso centro queremos felicitar aos máis pequenos e pequenas por teren superado de forma fantástica estas primeiras semanas de cole.

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

As nenas e nenos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron gozar da música de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

.

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

5º A Educación Primaria: Luns 4 de outubro ás 17:00 horas. 

5º B Educación Primaria: Xoves 30 de setembro ás 17:00 horas.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

6º B Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 16:15 horas. 

6º A Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 18:00 horas.

AVISO ÁS FAMILIAS DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA - ENTRADAS E SAÍDAS

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADA E SAIDA DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA

Estimadas familias:

Dirixímonos a vds. para comunicarlles que a partires do luns, 13 de setembro de 2021, tanto as entradas como as saídas do centro, o alumnado de 2º e 3º de E. Primaria utilizarán a porta de acceso ao patio de E. Infantil (a do curso pasado), coa fin de ter maior operatividade e circulación nas mesmas.

Reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

.

 

COMEZA UNHA NOVA ANDAINA!

 

O VOSO COLE PREPÁRASE PARA ACOMPAÑARVOS NELA.

 

Picade na imaxe!

 

 

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Mércores 8 de setembro.

1º A Educación Primaria: 16:00 horas.

1º B Educación Primaria: 17:00 horas.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes 14 de setembro.

2º A Educación Primaria: 16:30 horas.

2º B Educación Primaria: 16:30 horas.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 20 de setembro.

3º A Educación Primaria: 16:00 horas.

3º B Educación Primaria: 18:15 horas.

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 13 de setembro.

4º A Educación Primaria: 16:00 horas.

4º B Educación Primaria: 18:15 horas.

 

As datas das reunións de 5º e 6º de Educación Primaria publicaranse nos

vindeiros días nesta páxina web.

 

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

 ENTRADAS E SAÍDAS

 

 ENTRADAS Educación Primaria:

 

Horarios de entrada: das 8:55h ás 9:05h.

 

Realizaranse polas 3 portas de acceso ao centro, segundo a seguinte orde:

 

-       Portalón grande de acceso ao patio exterior:

 

8:55h: 4º, 5º e 6º de E.P.

 

9:00h: 2º e 3º de E.P.

 

-       Portal principal de acceso ao centro:

 

9:00h: 1º Educación Primaria.

 

Educación Infantil:

 

-       Portal principal de acceso ao patio exterior (en caso necesario avisar da entrada por Camilo José Cela)…:

 

9:05h: 5º de E.I.

 

9:10h: 6º de E.I.

 

9:20h: 4º de E.I.

 

-   O alumnado de transporte será recollido polo profesorado de garda e acompañados ata a porta de entrada (Porta de acceso a E.I.), e subirán as aulas onde xa estará o profesorado que lle corresponda a esa hora.

 

·         O alumnado que proceda do Barrio das Flores ou Monelos, poderá entrar por esa porta de acceso da R/ Camilo José Cela no mesmo horario que primaria (o profesorado de garda indicarálles que poden pasar nas horas indicadas).

 

·         @s irmáns que estean en diferentes cursos, poderán entrar á mesma hora (só os irmáns de diferentes cursos).

 

SAÍDAS

 

Educación Infantil:

 

-       4º de E.I.: 13:30h.

 

-       5º de E.I. 13:40h.

 

-       6º de E.I. 13:50h.

 

Educación Primaria:

 

            Sairán polas mesmas portas de entrada. NAS SAÍDAS SÓ FUNCIONARÁN AS ENTRADAS DE ABAIXO, NON Á DE CAMILO JOSÉ CELA (Só a poderán empregar o alumnado de 5º e 6º de E.P. con autorización para ir sos a casa).

 

            Os horarios de saídas serán:

Educación Primaria: das 13:55h 4º, 5º e 6º de E.P.,

 

        14:00h 1º, 2º e 3º de E.P.

 

 

O alumnado de Educación Infantil poderá acceder ao centro acompañado por un adulto ata a porta de acceso ao centro, pero non acceder ás dependencias. Igualmente este poderá acceder para a súa recollida. Unha vez que o alumno/a é entregado ás mestras/es ou recollido deberase abandonar o centro na maior brevidade posible, para evitar aglomeracións. En ningún momento pode haber alumnado ou familias no patio do centro.

 

Asemade nestes momentos seguiranse as indicacións do persoal do centro, así como se respectaran sempre as recomendacións das autoridades sanitarias en materia de acceso a calquera espazo público: USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA E MANTEMENTO DA DISTANCIA DE SEGUIRIDADE.

 

O alumnado de Educación Primaria NON pode acceder ao centro acompañado. Será o profesorado de garda os que lles indiquen que poden pasar e o alumnado entrará ao centro e dirixirase a súa aula onde estará o profesorado que lle toque a esa hora.

Agardando a máxima colaboración de vds. para non crear agrupamentos e aglomeracións nas entradas, reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut