Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE A CORUÑA - CURSO 2024/2025

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE A CORUÑA

CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Mañá xoves 17 de abril de 2024 ábrese o proceso de solicitude das Bolsas de Comedor Escolar para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

Toda a información está a disposición no seguinte enlace do Concello de A Coruña

 https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/detalle-de-procedimientos/becas-comedor/contenido/1453739229256?argIdioma=es    

Destacar que:

 

  • Dirixido a alumnado empadroado no concello de A Coruña a partir de 2ºciclo de Educación Infantil (nados en 2021).
  • O prazo abrangue desde o 17 de abril ata o 8 de maio de 2024.
  • Pódese facer o trámite en liña ou presencial (a través dos servizos do Concello).

 

 

APERTURA PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 24/25

A Coruña, a 29 de febreiro de 2024

Estimadas familias:

 Comunicarlles que o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 24/25, ábrese dende mañá mércores, 1 de marzo ata  o  luns 20 de marzo (ambos incluídos).

 Para realizar a solicitude de admisión poderán realizala por calquera medio electrónico da Xunta (aplicación de admisión de alumnado na páx. Web da Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades), Sede electrónica, etc..

 

Tamén poden facelo presencialmente no centro se o desexan no seguinte horario:

 - Mañás: Luns a venres de 9:30h a 11.00h e das 12:15 ás 13:30h.

 - Tarde: Luns das 16:30h ás 18:15h.

 Teñen na documentación adxunta todo o necesario para poder realizar a admisión sen ningún problema, aínda que calquera pregunta non dubide en transmitírnola.

 A normativa que regula este proceso é:

 ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Grazas a todas as familias.

 Saúdos.

 A Dirección

DERRADEIRO MANDADIÑO

CUARTO MANDADIÑO

TERCEIRO MANDADIÑO

SEGUNDO MANDADIÑO

PRIMEIRO MANDADIÑO

 

 

DÍA DA PAZ 2024

Para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro), as nenas e nenos do noso centro elaboraron plumas con mensaxes relacionadas con este día tan sinalado. Con estas plumas crearon unhas fermosas ás. No seguinte vídeo podedes ver o resultado:

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023-2024

As xornadas de portas abertas terán lugar o luns 19 e o luns 26 de febreiro en dúas quendas, ás 17:00 ou ás 18:00. É preciso reservar cita para as visitas chamando ao centro (981280208) ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Se queredes coñecer o noso cole,  tamén podedes premer na seguinte imaxe para desfrutar dun percorrido dixital:

 

 

Para máis información, premede na seguinte ligazón:

 

 

Agardámosvos!

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO - CURSO 24/25

APERTURA PRAZO RESERVA DE PRAZAS PARA 1º ESO, NO CENTRO ADSCRITO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO PARA O CURSO 2024/2025

A Coruña, a 15 de xaneiro de 2024

Estimadas familias:

iniciado hoxe mesmo a apertura do prazo de reserva de prazas para 1º de ESO, ao alumnado que actualmente cursa 6º de E.P. , no centro adscrito IES Ramón Otero Pedrayo, ADXÚNTASE a información relativa a este proceso así como os anexos I e Ibis por se vos fan falla (as vosas fillas e fillos xa levan unha copia).

PRAZO: DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024

Prégase a lectura dos documentos anexos.

Enlace convocatoria Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

Grazas.

A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut