AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA
Dirixímonos a vds. por mor das instrucións recibidas para o proceso de reserva de praza en centro de adscrición (Instituto), as cales se adxuntan a este aviso.
Lembrar que o prazo para este proceso é do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022.
Para calquera cuestión non dubiden en contactar co centro ou ben co IES.
Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22, infórmase que:
- Todas as solicitudes foron admitidas e aprobadas provisionalmente (expostas no hall de entrada ao centro).
- Teñen dous días para facer as oportunas reclamacións se procede.
- A partires de dous días, resoltas as reclamacións que houbese, permanezan atento@s á páx. web onde se indicará o procedemento para entregalas (xa están encargadas).
Ola, adxúntase acta extraordinaria da Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar para subsanar erro no apelido dun candidato que se presenta no sector de representante das familias así como o modelo de papeletas válido coa subsanación do erro.
O venres 12 de novembro publicouse a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.
Serán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:
O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non ten que presentar solicitude)
O alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar ten que presentar solicitude (achegar copia do libro de familia) e cumprir os criterios establecidos na Orde anteriormente citada: Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019); se é alumnado de Educación Especial, se está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%.
As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo. Será preciso solicitar CITA PREVIA para proceder a súa entrega.
O PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.
Na páxina web se publicará o procedemento para a entrega das máscaras, así como as datas establecidas para o mesmo.
Dirixímonos a vds. para informarlles que na barra lateral dereita teñen o calendario escolar do presente curso 21/22 establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Do mesmo xeito informarlles que os días non lectivos escollidos polo centro, son os mesmos que se propuxeron na asociación de directores/as de A Coruña, e que son os seguintes:
- 7 de decembro de 2021,
- 16 de maio de 2022.
En calquera caso, para estes días enviarase recordatorio por abalar.