VISITANDO O CONCELLO DA NOSA CIDADE

 

Un roteiro polo Concello da nosa cidade. Desfrutamos dunhas horas moi entretidas e sen esquecer a presenza do noso Alcalde.

 

 

O 8 de marzo día da MULLER.

O 8 de marzo festexamos o día da muller, falando de todas esas nais que son especiais...

 

 

XOGADORES DO CELTA POR UN DÍA!

Un momento moi especial estar no campo do Celta e poder visitar o novo Museo do Real Club Celta de Vigo, o campo de fútbol e os vestuarios dos xogadores. Foi un día moi especial para todos e sen esquecer aos mestres que o pasaron moi ben.

 

 

 

UN AGASALLO POLO NADAL!

Momentos de moita ledicia ao pasear pola rúa do Príncipe e Porta do Sol en datas de Nadal.

 

A xente que traballa no Concello fixo un agasallo especial para tod@s, cunha pouca de neve. Graciñas a todos eles por facer posible outro soño máis dos alumn@s de sexto de primaria.

 

 

 

 

 

Decorando as máscaras do Entroido.

Creando as nosas máscaras de Entroido, tomando de referencia os Merdeiros do Casco Vello de Vigo.

Coñecendo os órganos dunha galiña na clase de Ciencias Naturais

Hoxe estivemos a manipular os órganos dunha galiña para coñecelos.

San Valentín en 6º

A voar palabras  polo San Valentín en galego e castelán.

Powered by Drupal - Design by artinet