SEMANA DO DÍA DO LIBRO.

Ao longo desta semana entre tantos libros, controis e traballos aproveitamos para facer algo en relación ao día do libro.

Coas nosas pequenas frases de motivación lectora, pretendemos convencer a tod@s da importancia que ten ler. Agora toca mirar para o tendal que temos pola fiestra da clase.

Bo traballo campións!

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

 

Hoxe tivemos a visita da Policía Nacional. Pelayo falounos: do acoso escolar, violencia escolar, maltrato físico, verbal

psicolóxico, acoso indirecto, implicados no acoso, Stop! Bullying, síntomas e indicadores, ciberbullying, dos riscos

de Internet, adiccións sobre o uso de Interne, etc. Todo isto e máis contidos, para que aprendamos a coñecer o

noso entorno e saber reaccionar e axudar aos compañeir@s se fose preciso.

Algunhas fotografías da visita de hoxe e agradecer a Pelayo a súa charla no colexio.

 

 

 

 

Curiosidade por coñecer o que empregan os policías nacionais no seu traballo diario.

 

Como foi tan bo e deixou probar o casco...Un pequeno agasallo da clase de sexto de primaria para Pelayo.

 

 

E non pode faltar a foto do grupo con Pelayo. 

GRACIÑAS POLA CHARLA, ATA A PRÓXIMAAAAAA!

EXPERIMENTOS DE 6º DE PRIMARIA COS PEQUERRECHOS DO COLEXIO.

Hoxe os alumnos e alumnas de 6º de Primaria foron por unhas horas de físic@s e químic@s para os nenos e nenas de Infantil. Pasaron un ratiño moi entretido todos eles xuntos.

 

 

Ahí queda o enlace dos momentos máis trouleiros do día.

 

NINO VAI A VESTIRSE PARA IR A RECONQUISTIÑA DO CASCO VELLO DE VIGO.

A nosa mascota de Biblioteca Nino vai a coñecer de preto A Reconquista, xa que temos a sorte de estar no propio Berbés. Nino vai coñecer de preto todo o que pasou o 28 de marzo de 1809, cando se levou a cabo un alzamento popular do pobo e expulsou aos franceses de Vigo. 

Hoxe Nino acaba vestido de francés, Vigués ou Viguesa ao gusto e elección de cada alumno e alumna de 6º de E.P.

 

 

 

Se queredes ver os diseños dos traxes a mirar o vídeo.

 

2 DE ABRIL DÍA DO AUTISMO.

Antes da Semana Santa empezamos o traballo de pintar con moita ledicia e así ensinar o importante que é a diversidade dentro do noso colexio.Todos somos diferentes, pero axundando uns a outros somos iguais.

 

 

E o 2 de abril colgamos os paraugas polo día do Autismo no noso cole.

 

 

 

COELLO DE PASCUA

Volvéndonos tol@s facendo o coello de Pascua, quedou moi riquiño.

MUSEO MARCO DE VIGO

A coñecer de preto as obras de arte e esculturas que pasan pola cidade de Vigo. Un día moi entretido cos mestres e coa presenza do mestre de Arts. E non esquecer que despois fomos artistas por un ratiño.

 

 

UNHAS NEURONAS TAMAÑO XXL

Unhas neuronas tamaño XXL. Descubrimento de Santiago Ramón y Cajal. Científico español que recibiu o Premio Nobel.

VISITANDO O CONCELLO DA NOSA CIDADE

 

Un roteiro polo Concello da nosa cidade. Desfrutamos dunhas horas moi entretidas e sen esquecer a presenza do noso Alcalde.

 

 

O 8 de marzo día da MULLER.

O 8 de marzo festexamos o día da muller, falando de todas esas nais que son especiais...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet