COMUNICADO IMPORTANTE.

Estimadas familias:
Queremos informarvos que neste momento, seguindo as instruccións das autoridades sanitarias, temos un aula confinada e a 4 mestres por un caso positivo de COVID-19. Por desgracia era unha situación que sabíamos que podería acontecer e queremos transmitiros unha mensaxe de tranquilidade e confianza no noso sistema sanitario.
Por suposto, as familias afectadas xa son coñecedoras da situación e só podemos ofrecer o noso apoio e empatía. Lembrade que é algo que nos afecta a todos e algo no que todos temos que poñer da nosa parte para frenalo canto antes sendo responsables nas nosas actuacións e comportamentos do día a día.
Toda a Comunidade Educativa desexa que esto pase canto antes, e lembrade...paralo é cousa de todos.

O equipo COVID.

Powered by Drupal - Design by artinet