Saltar navegación

Secundaria

    

     O recursos para Ensino Secundario atópanse divididos en dous grandes apartados: por un lado unha serie de documentais sobre a figura de Rosalía de Castro que poderán ser proxectados ao alumnado dentro dunha secuencia de actividades que poden incluír o debate, o cuestionario ou a reflexión individual sobre algún dos aspectos que se tratan en cada un. Por outro lado un listado de webs de interese  que poden servir de marco de referencia á hora de facer un traballo de investigación que ben pode ser colaborativo  e que pode estar organizado de maneira aberta ou dentro dunha webquest ou caza do tesouro.

Un terceiro apartado aportanos unha actividade interactiva elaborada con Edilim e unha actividade de ditado en castelán.

    Propoñemos como complemento unha unidade didáctica elaborada por Antón Amil que podes descargar desde a páxina da Asociación de Escritores en Lingua galega. Preme aquí para descargala.