Skip to Content

CEIP Portonovo

 

Admisión curso 2024-2025 .Listaxe definitiva para o alumnado de 4º de Educación Infantil

A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido estará dispoñible a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e permanecerá exposta no taboleiro de anuncios do centro. (non hai ningunha variación coas listaxes provisionais)

 

Inpugnación das listaxes definitivas. As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorail, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO PARA 4º DE EDUC. INFANTIL. ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Mañá 25 de abril estará dispoñible, no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional do alumnado admitido en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso 2024/2025.

As familias tamén poderán consultalas por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 4° DE EDUCACIÓN INFANTIL

AVISO IMPORTANTE:

Os postos escolares dispoñibles en admisión no centro para 4º de Infantil ( 3 anos) non son suficientes para atender todas as solicitudes, con tal motivo, LEMBRÁMOSLLES QUE DENDE HOXE E ATA O 5 DE ABRIL ESTÁ ABERTO O PRAZO para presentar de forma presencial no centro a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar á súa valoración e establecer unha orde de prelación.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ven a coñecernos!!!


Coidando o noso horto

O alumnado de 5º de Educación Infantil contou cunha colaboración moi especial para o coidado do noso horto escolar, como podedes ver nestas fotos. Facede clic na imaxe para ver a galería.

Así dá gusto traballar!

Moitísimas grazas

Álbum: Sen categoría -> Coidando o noso horto 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut