CEIP Portonovo

Fondo Solidario de Libros, Axudas para adquirir libros de texto e Axudas para adquirir material escolar

Informámoslles de que queda aberto o prazo para a presentación da solicitude de participación no

Fondo Solidario de Libros (3º e 4º de Educ. Primaria), Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de

Educ. Primaria e en educación especial) e Axudas para adquirir material escolar (Educ. Primaria).

No curso 2023/2024 5º e 6º de Educ. Primaria estará incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL)

polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto, non obstante, poderán

solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na ORDE do 10

de maio de 2023.

A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro e estará dispoñible na páxina

web do colexio, no portal educativo da Xunta de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de

procedemento ED330B).

O prazo para presentar a solicitude rematará o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

Forma de presentación.

Ademais da presentación presencial no centro (horario 9:00 — 14:00), igual que no curso anterior,

poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e, unha vez que teñan cubertos todos os datos, deberán

gardala, obtendo así o número de solicitude. Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de

presentación:

 Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no

centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

 Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Bolsa NEAE do MEC para o vindeiro curso 2023-24

Infórmase de que xa está publicada a convocatoria da bolsa NEAE do MEC para o vindeiro curso 2023 – 24.

As familias do alumnado beneficiario das mesmas que cumpran os criterios e requisitos das bases da convocatoria poderán presentar as súas solicitudes no centro educativo dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.

Lémbrase que as solicitudes deberán cumprimentase mediante o formulario accesible por Internet no enderezo http://www.educacionyfp.gob.es/  ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional no enderezo https://sede.educacion.gob.es

Axúntase o texto da publicación da convocatoria.

 

Admisión de alumnado para o curso 2023/2024

LISTAXE DEFINITIVO

Todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo ESTÁN ADMITIDAS.

As listaxes poderán ser consultadas:
-No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
-Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Coidando o noso horto

O alumnado de 5º de Educación Infantil contou cunha colaboración moi especial para o coidado do noso horto escolar, como podedes ver nestas fotos. Facede clic na imaxe para ver a galería.

Así dá gusto traballar!

Moitísimas grazas

Álbum: Sen categoría -> Coidando o noso horto 2023
Distribuir contido