TAREFAS MÚSICA SEMANA 18 MAIO

Tags:

 

INFANTIL: Como ides traballar sobre os xogos tradicionais, dende a materia de música encárgovos o seguinte: Buscade cancións de botar a sortes e outras cancións que acompañen aos xogos tradicionais cos que traballedes (por exemplo, que acompañen á goma, etc…). Despois mandádeme as gravacións das cancións ao correo: bouzon@edu.xunta.es

 

1º EP: Como o día 17 foi o día das letras galegas, mándovos un pequeno encargo. Buscade un instrumento típico da música galega, e despois de escollelo, explicade un pouco como funciona, a súa orixe, a que familia pertence… Cubride unha pequena ficha e enviádema ao correo: bouzon@edu.xunta.es. Ademais, tamén podedes buscar algún vídeo para ver como soa.

2º EP: Como o día 17 foi o día das letras galegas, mándovos un pequeno encargo. Buscade un instrumento típico da música galega, e despois de escollelo, explicade un pouco como funciona, a súa orixe, a que familia pertence, e outros aspectos que se vos ocorran… Cubride unha pequena ficha e enviádema ao correo: bouzon@edu.xunta.es. Ademais, tamén podedes buscar algún vídeo para ver como soa.

3º EP: Como o día 17 foi o día das letras galegas, mándovos un pequeno encargo. Buscade un instrumento típico da música galega, e despois de escollelo, explicade un pouco como funciona, a súa orixe, a que familia pertence… Ademais, buscade un estilo musical típico galego (alalá, muiñeira, alborada…), e explicade as súas principais características (orixe, instrumentos máis usados, etc…). Cubride unha pequena ficha ou facede un documento no ordenador (como prefirades) e enviádema ao correo: bouzon@edu.xunta.es. Ademais, tamén podedes buscar algún vídeo para ver como soa o instrumento ou o estilo musical que escollestes.

4º EP: Como o día 17 foi o día das letras galegas, mándovos un pequeno encargo. Buscade un instrumento típico da música galega, e despois de escollelo, explicade un pouco como funciona, a súa orixe, a que familia pertence… Ademais, buscade un estilo musical típico galego (alalá, muiñeira, alborada…), e explicade as súas principais características (orixe, instrumentos máis usados, etc…). Cubride unha pequena ficha ou facede un documento no ordenador (como prefirades) e enviádema ao correo: bouzon@edu.xunta.es. Ademais, tamén podedes buscar algún vídeo para ver como soa o instrumento ou o estilo musical que escollestes.

5º EP: Como o día 17 de maio foi o día das letras galegas, fágovos un pequeno encargo: Facede unha presentación (ou documento tipo Word, pdf…) onde nomeedes e expliquedes os principais instrumentos da música tradicional galega. Ademais, debedes falar tamén sobre os principais estilos musicais de Galicia. Podedes incluir imaxes, enlaces a vídeos, etc… Enviade o documento ao meu correo, como sempre: bouzon@edu.xunta.es

 6º EP: Como o día 17 de maio foi o día das letras galegas, fágovos un pequeno encargo: Facede unha presentación (ou documento tipo Word, pdf…) onde nomeedes e expliquedes os principais instrumentos da música tradicional galega. Ademais, debedes falar tamén sobre os principais estilos musicais de Galicia. Podedes incluir imaxes, enlaces a vídeos, etc… Enviade o documento ao meu correo, como sempre: bouzon@edu.xunta.es