ACTIVIDADES SEMANA 4 DE MAIO

Tags:

MÚSICA (SEMANA 04/05):J

A continuación explícanse as tarefas para cada curso. Esta semana non hai fichas adxuntas.

1º EP: Co conto co que ides a traballar, escollede un dos instrumentos que aparecen e traballade sobre el tentando respostar a estas preguntas: como se toca? De que materiais está feito? Hai algún instrumento similar na nosa cultura? A que familia musical pertence (vento, corda, percusión…)? E calquera outro aspecto que che pareza interesante e queiras traballar.

2º EP: Como o día 9 é o día de Europa, encárgovos un pequeno traballo. Deberedes escoller un país de Europa (non vale España), e sobre ese país teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.

3º EP: Con motivo do día de Europa, facede un pequeno traballo (en papel, podedes enviar a foto; ou en formato dixital, enviando o documento de texto, presentación…). Nel, deberedes escoller dous países de Europa (non vale España), e sobre eses países teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? Hai algún instrumento similar no noso país? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.

Xogo de audicións musicais: http://aprendomusica.com/const2/44instrumsuena/game.html

4º EP: Con motivo do día de Europa, facede un pequeno traballo (en papel, podedes enviar a foto; ou en formato dixital, enviando o documento de texto, presentación…). Nel, deberedes escoller tres países de Europa (non vale España), e sobre eses países teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? Hai algún instrumento similar no noso país? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.

Xogo de audicións musicais: http://aprendomusica.com/const2/44instrumsuena/game.html

5º EP: Con motivo do día de Europa, facede un pequeno traballo en formato dixital, (teredes que enviarme o documento de texto, presentación…). Nel, deberedes escoller tres países de Europa (non vale España), e sobre eses países teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? Hai algún instrumento similar no noso país? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.

Trivial musical-nivel 2: http://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html

6º EP: Con motivo do día de Europa, facede un pequeno traballo en formato dixital, (teredes que enviarme o documento de texto, presentación…). Nel, deberedes escoller tres países de Europa (non vale España), e sobre eses países teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? Hai algún instrumento similar no noso país? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.

Trivial musical-nivel 2: http://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html