Secretaría

A listaxe provisional de FONDOLIBROS para 3º e 4º de Educación Primaria está publicada na porta principal do centro.

A través da aplicación FONDOLIBROS podedes consultar a convocatoria, descargar os formularios para a solicitude presencial ou acceder para a presentación telemática.

O prazo de presentación comenza o 19 de maio e remata o 22 de xuño, en horario de secretaría:

- Luns de 9.10 a 9.45.

- De martes a venres de 13.10 a 13.45.

- Martes pola tarde de 16 a 17 horas.

Podedes consultar como solicitar estas axudas a través do seguinte enlace:

Resolución 13 de maio 2022

Se tedes dúbidas, atenderémosvos en horario de secretaría: os luns dee 9.15 a 9.45 e de martes a venres de 13.10 a 13.45. O martes pola tarde tamén de 16 a 17 horas.

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos están publicadas na porta principal do colexio.

As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos están publicadas na porta principal do colexio.

PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES

Educación Infantil:

4º Ed. Infantil (3 anos)  - 22 ....... 3 (prazas NEAE)

5º Ed. Infantil (4 anos)  -   0

6º Ed. Infantil (5 anos)  -   0

 

Educación Primaria:

1º Educación primaria   -   0

2º Educación primaria   -   0

3º Educación primaria   -   0   

4º Educación primaria   -   0

5º Educación primaria   -   20

6º Educación primaria   -   21   

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN:

Do 1 ao 21 de marzo: prazo de presentación de solicitudes.

Do 28 de marzo ao 8 de abril: presentación de documentación xustificativa.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais.

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas.

Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Podedes cubrir a solicitude informáticamente a través de Sede Electrónica con usuario de Chave365 ou certificado dixital.
  • Podedes cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro, para o que tedes que pedir cita previa.
  • Por último tamén podedes cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro (con cita previa).
  • Horario de secretaria para presentar a documentación:
    • Luns de 09:15h a 09:45h.
    • De martes a venres de 13:15h a 13:45h.

 

Formulario en liña en admisioalumnado a partir do día 1 de marzo.

Para máis información podedes consultar a Orde de admisión de alumnado.

Achéganse plans COVID do centro para o curso 2021/2022.

- Plan de adaptación á COVID.

- Plan de continxencia (inclúe horarios virtuais en caso de confinamentos).

- Programa de acollida.

Adxuntamos en arquivos anexos as instruccións para o uso da aplicación COLECHEF, referente á xestión dos servizos do comedor.

Hai dous arquivos: para usuarios actuais e para novos usuarios.

Achégase en arquivo anexo a explicación para o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado.

Distribuir contido