Skip to Content

ESTREAMOS MURAL NO PATIO

Onte estreamos mural novo na entrada do Cole. Nel aportamos o noso grao de area, mellor dito, de pintura. Grazas á diseñadora Ana. 

ANPA. AVISOS XUÑO

Ola familias!!!

 

Damos comezo ó mes de xuño, mes de fin de curso, mes no que  @s nos@s nen@s collen as vacacións! que rápido pasou.

Pois ben, chegados a este punto dende a ANPA temos cousiñas que contar:

- Damos por rematadas as clases extraescolares tanto de inglés como de mecanografía, queremos dar as grazas ós profes pola colaboración e os alumnos pola confianza en que estas puideran levarse a cabo.

DESPEDIDA DA NOSA AUXILIAR LISSETT

Este mércores 31 despedimos á nosa auxiliar de conversa durante este curso LISSETT. Thank-you very much for all!!!

GOOD LUCK LISSETT!

INTERCAMBIO DEPORTIVO COS CEIP DE LOURENZA E RIOTORTO

O pasado vernres recibimos no noso centro ao alumnado de 3º a 6º dos CEIP de Lourenzá e Riotorto. Neste INTERCAMBIO DEPORTIVO tivemos uns partidos de futbol-sala e baloncesto, unha xincana no patio do cole e para rematar comemos todos xuntos.

Pronto publicaremos algunhas fotos.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS 2017

Este venres tivemos no cole a Servando Barreiro que veu amosarnos a súa proposta didáctica a través de O BARDO ABELARDO, músico e contador de historias. 

Así, O Bardo Abelardo rendeu homenaxe a Carlos Casares cun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor, seguindo cunha serie de contos con referncias expresas as obras infantiles  de Carlos Casares como "As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas" ou "A galiña azul".

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º recibiu unha charla dentro do programa NAVEGA CON RUMBO, co fin de facer un uso responsable da internet, as súas cousas favorables e coas que temos que ter coidado.

LETRAS GALEGAS 2017

Este martes 16 de maio celebramos no cole as LETRAS GALEGAS 2017. Este ano adícanse a Carlos Casares. 

Pola maña recibimos no cole á nosa veciña e escritora Monse Fernández Álvarez que nos veu contar e falar sobre o seu libro GORCA RETE.

Pola tarde tivemos unha Presentación sobre o autor homenaxeado, Carlos Casares e unha obra de teatro lida, A GALIÑA AZUL.

ANPA. 15 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Queridísimas familias,

aínda que con un día de retraso, dende a ANPA non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer unha mención especial ó voso día

 

Ademáis agradecervos a vosa colaboración coa recollida do traballo de FOTOGRAFÍA ESCOLAR para que puidese sair todo según o esperado.

 

ANPA. FOTOGRAFÍA ESCOLAR

Familias!

Esta mañá tivemos no cole a visita de Eduardo que nos traía todos os packs das nenas e nenos que autorizasteis para facer as fotos.

Organizamolos por cursos para telos á man cando pasedes a velos ;)

Tamén vos enviamos unha carta para que sepades como faremos a entrega no caso de ser así.

ANPA. AVISO TALLER NAIS E PAIS

Querid@s nais e pais, 

Queremos anunciarvos que nos faltan catro inscripcións para cubrir o mínimo para o taller sobre comunicánome con asertividade que FAPACEL nos ofrece na Pontenova o 17 de xuño, 

Tras comunicarlles as inscripcións que houbo, informannos que podemos aumentar o prazo para anotarse unha semana máis.

Animadevos e non deixemos escapar esta oportunidade.

un saúdo!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut