Come Local
O CEIP Pobra de Brollón é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (@experienciasdecalidadegalicia).
Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
A este centro xa chegaron as fabas da IXP Faba de Lourenzá,
eco-froita, queixo da DOP Arzúa-Ulloa, mel da IXP Mel de Galicia e máis produtos de horta ecolóxica procedentes de pequenos produtores galegos.
Outras das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.
#volveaComeLocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 #ExperienciasDeCalidadeGalicia #CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4
#ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela
Celebramos o entroido.
Chegou o entroido e celebrámolo traballando sobre os diferentes personaxes do entroide en Galiciam facendo fincapé no oso de Salcedo e en como se organiza o entroido no nosa zona. Así, celebramos os xoves de compadres e comadres facendo un compadre e unha comadre de palla, coma era tradicional.
Finalmente queimamos o compadre, a comadre librou por mor da chuvia...
Día da Paz.
Este ano celebramos o día da Paz cunha canción orixinal titulada "As frores da paz". Cada alumnx dixo a súa frase sobre a paz ao tempo que colocaba a súa flor nun maceteiro, ambos os dous feitos na clase. Podedes ver o vídeo que se fixo sobre esta actividade no curso de famlias.
Reserva de praza no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón
Xa se pode solicitar praza para o próximo curso no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón.
O prazo vai desde o día 1 ao 20 de marzo.
Agardámosvos!!!
Merendas saudables.
Por favor, que o alumnado de Educación infantil, por seguridade, non traia froitos secos.
Festival de Nadal
O 21 de decembro celebramos o clásico festival de Nadal.
Tivemos baile, cancións, teatro... tamén tivemos a moita xente que veu copartir con nós esta data. Grazas!!!
Despois tivemos a visita do Apalpador e todxs xs nenxs do colexio foron tras del pola Pobra adiante.
Celebramos o Magosto.
O pasado venres día 10 de novembro celebramos o magosto.
Ao longo da semana traballamos a secuencia didáctica "O magosto" na que aprendemos o que significa esta celebración tradicional, de onde ven... e tamén fixemos, a pesares do mal tempo, xogos tradicionais no polideportivo e un obradoiro de contrución de bonecos con castañas.
Finalmente, asamos as castañas na cociña e comémolas...
No curso de familias tedes a secuencia didáctica sobre o magosto e máis imaxes dese día.
O Samaín.
O día 31 de outubro celebramos o Samaín coas seguintes actividades:
- "Decoramos" un pouco o colexio.
- Fixemos unha exposición de vasoiras feitas polo alumnado.
- Traballamos unha secuencia didáctica sobre o Samaín, as súas orixes, algunhas curiosidades...
- Fomos a unha sesión de contacontos, promovida pola ANPA (moitas grazas), ao Centro de Día. Alí, Atenea García (grandísima contadora) contounos uns contos.
- Na biblioteca "Olga Novo" do noso colexio, os maiores (co respaldo da pantalla) contaron contos de medo.
- Rematamos coa degustación dun menú terrorífico.
Tedes máis fotos no curso de pais.