O que debes lembrar

.

Aviso Importante:

 

Os titores/as están chamando ás familias para ter unha atención máis directa.

Para o voso coñecemento estas chamadas faranse dende un número oculto

 

 

 

Novas instrucións Aula Virtual para o alumnado de Primaria.

Recursos Educativos Tics

 

NOVO LINK:  quedará na marxen dereita,

para que poidades  consultar enlaces con recursos para estes días.

Novos Blogs

Plan Proxecta

Educación física

Evolución nos nenos e nenas

Características do uso de Internet polos rapaces. 

A maioría dos pais advirte os seus fillos que non deben de falar con persoas estrañas, ou abrir a porta a un descoñecido se están sós na casa e que non deben dar ningunha información a calquera que chame por teléfono.
A maioría dos pais tamén controla onde van xogar os seus fillos, que programas de televisión ven e os libros e revistas que len. Non obstante, moitos pais non se decatan de que o mesmo nivel de supervisión e orientación se debe de prover aos nenos cando se conectan a Internet.

 Segundo a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (España) un 30 % dos nenos con cinco anos usan Internet, máis do 60% entre os 8 e 13 anos e un 75% en de adolescentes entre os 15 e os 17 años. Só un de cada tres dos menores que utilizan habitualmente Internet, ten como obxectivo principal a busca de información. A maior parte, un 66%, concíbeo como unha ferramenta de ocio: un 36% conéctase fundamentalmente para chatear, outro 17% para xogar e finalmente outro 13% para buscar música.

 É por iso que os mestres, policías,pediatras... recomendamos aos pais un axeitado control sobre as actividades que os menores desenvolven fronte á pantalla.

  Gustos e intereses:

 A medida que os nenos crecen son diversas as necesidades de coidado que como profesionais podemos recomendar aos pais que atendan ao exposto na seguinte táboa:

 

Evolución e integración das novas tecnologías no desarrollo dos nenos/as.

 

 

De 1 a 2 anos 

Comeza o coñecemento básico causa-efecto.


Xogos que requiran tocar unha soa tecla.


Bo momento para introducir as bases do teclado e o rato.


Non se deben ter demasiadas expectativas pola falta probable de habilidades motoras finas para controlar o rato. 

 

De 2 a 4 anos 

 

Implicación dos pais.

Actividades frecuentes: Mirar fotografías da familia, utilizar unha cámara Web para comunicarse con parentes ou visitan sitios para nenos.

Atención limitada para as actividades en liña.

Estímulo da imaxinación a través das imaxes de Internet por incorporarse ás súas experiencias.

Aos 3 anos comezan a estar listos para o uso de software apropiado con historias e quebracabezas.

Bo momento para axudalos a empregar o rato e comprender o uso do teclado.

A temática inclúe cores, formas, letras e números, práctica de actividades de agrupamento, clasificación e seriación, educación musical e artística.

Emprego de actividades de verdadeiro ou falso e software onde poidan crear e explorar libremente.

Fomentar hábitos posturais saudables e temporalizar o uso do ordenador.

 

 

De 5 a 6 anos 

Desexan explorar a Web por si mesmos.


A orientación dos pais sobre a navegación de forma segura por Internet é importante.


Os nenos de 5 a 6 anos normalmente teñen un punto de vista positivo e unha natureza aberta. Xa saben ler e contar, e lles encanta conversar e compartir ideas.


Confían na autoridade dos adultos sen cuestionala.

 

 

De 7 a 8 anos 

 

Crece o interese.


Parte do comportamento normal dos nenos deste grupo de idade é ver como se poden escapar. Mentres están conectados, os nenos desta idade intentar ir a sitios ou falar en salas de Chat onde os seus pais non lles darían permiso.


Os nenos de sete e oito anos teñen un agudo sentido da familia. Están a empezar a desenvolver un sentido da súa propia moral e identidade de xénero, e normalmente están interesados nas actividades dos nenos maiores que forman parte das súas vidas. Os nenos de 7 a 8 anos tenden a confiar doadamente e, polo xeral, non cuestionan a autoridade.

 

 

 De 9 a 12 anos 

 

Expertos en liña. Os preadolescentes queren sabelo todo e oíron que está na Web. É normal que intenten descubrir o que hai. Para cuestións que os pais poderían considerar obxectables (por exemplo, contido para adultos de sexo explícito ou instrucións para fabricar unha bomba), poden utilizar o asesor de contidos.


Este programa incluído no navegador Internet Explorer permite o control do acceso a determinados sitios. O criterio que se aplica para efectuar os controis son baseados en nudez, linguaxe, sexo e violencia.

 

 

13 a 17 anos 

 

Tecnicamente sofisticados. Axudar os adolescentes coa seguridade en liña resulta bastante complicado,porque normalmente saben máis que os seus pais sobre o software de Internet. Mesmo


con nenos maiores, é importante que os pais adopten un papel activo para guiar o uso de Internet dos nenos. Un cumprimento estrito das normas de seguridade en liña acordada polos pais e os fillos, así como as revisións frecuentes

 

Distribuir contido