Esquema de temas

  • Xeral

    • Respiración e sopro.

      Facer exercicios de respiración e sopro, axudará aos nenos e nenas a tomar conciencia do seu corpo. Ademáis, a respiración é importante tanto para a fala como para a inxestión de alimentos, polo que traballala vai ser beneficioso.

    • Praxias

      Os órganos bucofonatorios son os que interveñen na fala: lingua, beizos, meixelas, mandíbula,... Estes órganos necesitan ter unha axilidade, tonicidade, movilidade e forza axeitadas.

      Por esto, a realización de actividades e xogos nos que se traballe a tonicidade e movilidade destes órganos son de gran importancia. Aos diferentes exercicios que se poden realizar para unha correcta ximnasia articulatoria, chamámoslle praxias.

      No conto que podedes ver

      tedes un exemplo desta "ximnasia".

      Imaxinade: mandar bicos, botar a lingua, poñer "caras", tararear cancións só cunha sílaba (tititi titi, coco coco,...), facer "pedorretas",...

      • Discriminación auditiva

        A discriminación auditiva é a capacidade que temos para diferenciar uns sons de outros. É unha habilidade básica para a adquisición da fala e da lectura e a escritura. Xogos básicos cos nenos e nenas son os de recoñecer os sons que fan os animais, os instrumentos, obxectos da vida cotiá (aspirador, lavadora,...) Aquí tedes un exemplo. Clic sobre a imaxe.

        Tamén temos que comezar a diferenciar os sons que hai dentro das palabras, con actividades como as que aparecen nos seguintes vídeos (clica sobre cada imaxe)

                         
                         
        • Vocabulario

          Para poder expresarnos cada vez mellor, comunicarnos cos demáis, comprender as mensaxes que escoitamos e contar as nosas experiencias, sentimentos, pensamentos,... é importante ir ampliando o vocabulario a medida que crecemos.

          Compre, por tanto, falarlle aos nenos e nenas correctamente dende o principio, lerlles contos, contestar ás súas preguntas e aproveitar a súa curiosidade natural.

          Para os máis pequenos, presentamos actividades básicas de vocabulario. Nesta ligazón hai actividades interactivas para as que se necesita un ordenador con Power Point e sonido; son variadas e divertidas: https://9letras.wordpress.com/oral/

          Outra idea é traballar o vocabulario a través de vídeos como estes de Eugenia Romero:

                                                                                                         
          • Atención e memoria

            Actividades para estimular a atención e desenvolver a memoria dos máis pequenos.

          • Articulación fonética. Os sinfóns.

            Actividades interactivas para repasar os sinfóns con -l e con -r (o que na lectoescritura se chaman sílabas trabadas)

            Dirixidas aos alumnos/as con algunha dificultade de pronunciación con eles e ao alumnado de 1º de Primaria, en xeral, porque serven de repaso de lectura e escritura aprendida neste curso.

          • Conciencia fonolóxica

            A conciencia fonolóxica é a base para aprender a ler. É a capacidade de recoñecer e usar os sons da fala. Comenza nos pequenos e pequenas recoñecendo rimas, sendo quen de contar sílabas nas palabras (con palmadas, por exemplo), recoñecer palabras longas e curtas,... A habilidade máis difícil dentro da conciencia fonolóxica é a de recoñecer os fonemas, os sons illados que compoñen as palabras, mesturar sons para inventar ou formar outras palabras ou quitar, poñer ou cambiar sons en palabras.

          • Tema 10