PROFES DE APOIO
AUDICIÓN E LINGUAXE 1     PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Román Tajuelo

romantajuelo@edu.xunta.es



Ana I. Alvarez

ana.isabel.alvarez@edu.xunta.es

Soyvisual é un Sistema de Comunicación Aumentativa que utiliza claves visuais para estimular o desenvolvemento da linguaxe e axudar ás persoas con necesidades a comprender o mundo e comunicarse.

Contén diversos materiais que combinan láminas, fotografías e pictos coa finalidade de estimular as diferentes áreas da linguaxe.

Pódese acceder a estes recursos tanto co ordenador (compatible con Widows, Linux e Mac) como coa tablet ou o móbil (compatible con Android e iOS).Se accedemos dende o ordenador, os materiais que levan como extensión de arquivo .ppsx ou .ppt ábrense coa aplicación PowerPoint; os recursos do tipo .pdf ábrense con Acrobat Reader. Se nos conectamos coa tablet ou móbil temos que descargar a app desde Play Store ou App Store. Nos dispositivos con Android, pode que debamos instalar antes a app gratuita PowerPoint de Microsofot.

SoyVisual é un proxecto promovido pola Fundación Orange.

Actividades recomendadas polos profes de Audición e Linguaxe, para a estimulación da linguaxe oral.

Actividades para aprender e practicar lectura e escritura